Conde Roa chama a “tapiar e cerrar” o edificio Peleteiro “para evitar un incidente similar á Sala Yago”

Impedir a ocupación de inmóbeis abandonados para restituilos á propiedade social parece ser unha das obsesións que agora guían ao noso alcalde CR-11. O edificio Peleteiro ficará en breve sen un uso coñecido despois de que o día 19 todos os servizos que nel viña desempeñando a Policía estatal retornen de novo para o nº 3 de Rodrigo de Padrom. O debate sobre que facer co novo solar abandonado está aberto.

Conde Roa anunciou en declaracións ao dixital afín Compostela en la Onda que se iniciaron conversas cos propietarios actuais do solar, é decir, a sección inmobiliaria de Caixa Galicia, e segundo o rexedor “hai boa disposición para resolver o problema”. Contodo, adiantándose ao inimigo interno, o alcalde xa solicitou que “se tapie e cerren canto antes as instalacións do colexio para evitar un incidente similar á Sala Yago” (sic).

Centro comercial
ou andares de luxo?

A mudanza da Policía para o vello emprazamento abre unha nova frente a Raxoi, que deberá decidir sobre a finalidade dun edificio abandonado que, segundo o PXOM actual, posibilitaría a construción un novo centro comercial máis na cidade. O Concello, se as declaracións son certas, prevería reformar este PXOM para alterar a calificación do solar de Peleteiro, evitar a construción do centro comercial e dotar o solo dun novo uso. A promoción de vivenda de luxo é unha das posibilidades baralladas neste momento. O feito de que os propietarios do solar sexan a sección inmobiliaria dun novo banco como NGB alimentaría esta tese.

Á espera de acontecementos, o que parece evidente é que a restitución á propiedade social de edificios abandonados é, hoxe, unha das preocupacións principais de CR-11. Imaxinar a transformación dun edificio que a maioría da veciñanza sempre identificou como un colexio de niños pijos en local social de independentistas e ácratas que “falan galego todo o día”, por exemplo, debe ser un dos piores pesadelos do noso alcalde.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s