Consellaría de Educación foi ocupada esta mañá por 150 sindicalistas en defensa dun Ensino Público e Galego

Esta mañá 150 delegadas e delegados sindicais de CIG-Ensino, ANPE, CCOO, UGT, STEG e CSIF encerráronse na Consellaría de Educación para esixir seren recebidas por Jesús Vázquez, titular deste departamento autonómico, ao que definen como “o conselleiro do ensino privado e concertado”, e negociaren a situación de degradación programada do Ensino Público Galego. Fontes sindicais informaron que permanecerán ante o escritorio de Vázquez ata seren recebidos.

O seguimento da ocupación pódese facer a través do Twitter @CIGEnsino. A mobilización de delegadas e delegados sindicais encádrase na reclamación da retirada da orde do 28 de xuño que amplia o horario lectivo e as funcións d@s ensinantes e conta co rechazo do 95% do profesorado, segundo os resultados do referendum realizado o pasado 25 de outubro. Mil profesor@s menos neste curso en todo o País, 120 baixas sen cubrir e un recorte previsto de 578 para 2012 son algúns dados que permiten visualizar o tesoirazo que o Partido Popular aplica sobre o Ensino Público. Encanto, continuará o desvío de fondos ao ensino privado e concertado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s