Mobilizacións nas rúas de Compostela esixirán demisión do Valedor do Povo por antigalego

O tempo dá razón a quen que no seu día rechazou a Autonomia “por caciquil e colonialista”. Despois de 30 anos de retroceso continuado para a presenza social do Galego, as institucións autonómicas son quen hoxe asumen activamente a tarefa de minorizar e marxinar a nosa lingua. A última conta do histórico rosario de agresións é a censura do libro de Coñecemento do Medio polo Valedor do Povo Benigno López. O texto en cuestión recolle apenas o art. 5. 1 do Estatuto de Galicia onde afirma que “o galego é a lingua propia de Galiza”. Se cadra, é demasiada autoafirmación galega para a extrema dereita que nos goberna…

Estamos á espera de que o rexedor local, CR-11, tan disposto para recibir no despacho oficial o pasado día 23 aos españolistas radicais Gloria Lago e Julio Tojo, da asociación contra a lingua galega Galicia Bilingüe, e acordar medidas que ninguén demanda en favor da presenza do castellano no Concello, abra a boca nesta ocasión. Mentres, sabendo que CR-11, Gloria Lago, Benigno López e Núñez Feijoo traballan todos na mesma dirección –a minorización social do Galego- apoiaremos todas as iniciativas defensivas e ofensivas en defensa do noso idioma.

Mobilizacións de Queremos Galego!

A plataforma QUEREMOS GALEGO! convoca para esta semana en Compostela diversas mobilizacións que detallamos a continuación e ás que convidamos a veciñanza a asistir para denunciar a quen, vivendo dos nosos impostos e do noso traballo, son axentes activos no desprezo e a agresión á lingua do País:

Quinta-feira / xoves ás 11:30 h.
Concentración ante a sede do Valedor do Povo na rúa do Hórreo e entrega dun escrito solicitando a súa demisión.

Sábado ás 17:00 h. na Praza do Toral
Mobilización para esixir o cesamento de Benigno López e Jesús Vázquez, Conselleiro de Educación.

Pódense consultar, alén destas, máis propostas na súa páxina web.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s