Valedor do Povo louva a política de multas do Concello contra menores de idade e familias

Benigno López fíxose famoso nestas semanas por censurar, a petición dun “cidadán anónimo” de UPyD, que os textos escolares galegos de Coñecemento do Medio recollan que “o galego é a lingua propia de Galiza”, segundo reza o art. 5. 1 do Estatuto de Autonomía. Contodo, a lingua galega parece ser que non é a única fobia de López. O tratamento punitivo de menores de idade que participen en botellóns, aplicando duras sancións económicas a eles/as e ás súas familias, tamén está na axenda do Comisionado.

Nunha recomendación enviada aos alcaldes de 7 cidades galegas, o Valedor do Povo declara “correctas” as medidas adoptadas polo Concello contra menores de idade que participan en botellóns e esixe “maior intensidade nas actuacións”. Lembramos que Raxoi aprobou este mes, nunha das súas primeiras iniciativas de política xuvenil, a Lei de Convivencia que multa con 750€ a@s menores detectados pola Policía Local consumindo alcool fora de locais autorizados. As familias tamén serán sancionadas por valor de 3000€, se algun/ha d@s fill@s menores é identificada bebendo alcool fora dos establecementos.

Desprestixiar e criminalizar
á mocidade de Compostela

É indicativo que, entre as primeiras medidas de política xuvenil que adopta o goberno local, a satanización pública de mozas e mozos, caracterizándoos como “problema de orde pública”, “vagos”, “borrachas”, etc., se sitúe nos primeiros obxectivos. Tanto como que as súas alternativas a un panorama de desemprego xuvenil, precariedade, dificuldades para aceder á vivenda, etc., sexan a Policía Local, as sancións económicas e os chamamentos ás familias a recurtar a autonomía e a auto-responsabilidade d@s xovens.

Temos a opinión de que a Lei de Convivencia municipal, como outras normativas similares que se están a aprobar en cidades e vilas galegas, non obedece á vontade de substituir un lecer alienado e mercantilizado que xera grosos beneficios económicos por outro que favoreza a formación, as relacións sociais da mocidade e o seu desenvolvemento libre. Esa lei, igual que outras iniciativas do goberno local, responde a un modelo de cidade e a uns intereses políticos e económicos que nada teñen a ver nen cos da mocidade nen cos da veciñanza de Compostela. Non é coa policía e a extorsión económica de xovens e familias como se “educa” ou como se defenden os intereses da mocidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s