Reabre ao público o centro social Arredista coa xornada de portas abertas

O aceso ao centro social Arredista era bloqueado desde primeiras horas da mañá do pasado día 30 por efectivos das FSE dentro dun “operativo antiterrorista”. A continuación, desenvolveuse unha intensa campaña de criminalización mediática que pretendía presentar o centro social como un “arsenal”, o roubo de diverso material depositado por parte dos seus usuari@s e a condución do veciño de Angrois Eduardo Vigo para o rexistro do local por encarapuzados. Hoxe, O Arredista recupera a súa actividade normal cunha xornada de portas abertas.

As actividades comezarán no nº 25 da rúa das Rodas a partir das 19:00 h. cunha palestra-coloquio titulada “Como afrontar a repressom coletivamente. Questons básicas de segurança para ativistas”. A partir das 21:00 h. celebrarase unha foliada aberta con consumo de petiscos para todas as persoas que asistan. Damos os parabéns por esta pronta reapertura e convidamos á veciñanza a defender, con traballo e compromiso, todos os centros sociais da cidade frente aos inquisidores que pretenden criminalizar, afogar economicamente e clausurar estes proxectos sociais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s