Anuncian a instalación de mais vixilancia electrónica na cidade coa escusa do botellón

Conde Roa sabe que a súa permanencia na alcaldía non se prolongará probabelmente alén desta lexislatura. Sen embargo, o rexedor que miles de veciñ@s identificamos coa dereita extrema de rosto institucional parece decidido a deixar pegada neste período e afondar nun modelo urbano do que é parte esencial o recurte de liberdades públicas, a inexistencia de solucións para a pobreza que cresce na cidade e a tentativa de meter en cintura un tecido asociativo desafecto das posicións político-relixiosas que profesa o alcalde. O botellón é neste momento unha das coarctadas sobre as que se xustifica este proceso involutivo.

Segundo parece, a prioridade do rexedor non é a problemática socioeconómica que padece a veciñanza, cun 23% de pobreza, 8600 desempregad@s oficiais, decenas de pequenas empresas pechando ou impondo EREs desde o inicio da crise e un futuro inmediato irresolúbel desde o paradigma do recurte do déficit público, pero sí cuestións tan trascendentais como multar e perseguir os centros sociais, rebaixar a posición institucional do Galego na corporación, imposibilitar o uso social de inmóbeis abandonados, punir e criminalizar a liberdade de expresión, inaugurar estatuas relixiosas ou multiplicar as iniciativas respecto do botellón, como se esta fose a principal preocupación da veciñanza.

Agora, presenza policial
e vixilancia electrónica

Ao fío da tradicional celebración de festas en andares de estudantes co remate do trimestre académico, Conde Roa aproveitou a ocasión para desenvaiñar de novo a espada e repetir sen relación aparente coas preguntas que se lle formulaban o seu mantra favorito: “o vandalismo non ten cabida en Santiago”. Utilizando a coarctada do botellón, anunciou a disposición do Concello para “incrementar a vixilancia (…) con presenza policial, pero tamén con medios electrónicos naquelas rúas que, coa linguaxe propia dun comisario, clasificou como “zonas quentes” da cidade.

De novo, a evidencia da absoluta alteración das prioridades de acción municipal, tratando de despistar a atención da opinión pública das preocupacións reais –pobreza, desemprego, emigración, precariedade, sanidade pública, aceso á vivenda, etc.- cara as peculiares temáticas das que sí gosta o goberno local, que finalmente sempre se sustancian en multas, control policial, criminalización, etc. A equipa de CR-11 non ten vontade política real de mellorar as condicións de vida e trabalho d@s compostelan@s, así que opta pola estratexia do calamar, xerando falsas problemáticas que despisten á veciñanza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s