Plataforma de Apoio á Feira de Ámio organiza palestra informativa sobre o futuro da feira gadeira

A Plataforma Cidadá de Apoio á Feira de Ámio continúa as actividades coa organización dunha palestra á que están convidadas a participar a Cámara de Comercio, a Asociación de Hostalaría, a empresa concesionaria das instalacións da feira e o alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa, máximo responsábel directo da tentativa de clausura da feira e da súa transferencia para Silleda cos conseguintes danos socioeconómicos para Compostela e a comarca.

A palestra está convocada para a próxima segunda-feira 26 de decembro a partir das 20:15 h. no Centro Social Caixanova que se encontra na Praza do Pan. Reproducimos a continuación a nota informativa da Plataforma Cidadá:

A PLATAFORMA CIDADÁ DE APOIO Á FEIRA DE AMIO CELEBRARÁ UNHA MESA RENDONDA O PRÓXIMO DIA 26 ÁS 20:15 NO CENTRO SOCIAL CAIXANOVA DA PRAZA DE CERVANTES.

AS ASOCIACIÓNS DE USUARIOS DA FEIRA DE AMIO REUNIRONSE CO ALCALDE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Santiago de Compostela, 22 de decembro 2011.- A Plataforma Cidadá de Apoio á Feira de Amio continua co seu traballo habitual de divulgación e interlocución a distintos niveis co obxectivo de conseguir evitar o peche das instalacións da feira de Amio e a conseguinte celebración nas mesmas da feira semanal de gando.

Por canto ao traballo de divulgación que estamos a  desenvolver temos de salientar a campaña de recollida de sinaturas mediante a instalación de mesas en distintos lugares da cidade de Santiago de Compostela, así como que continua a recollida por parte de cada unha das entidades, agrupacións e asociación que fan parte da Plataforma. Estando previsto que antes de que remate o ano presentar no rexistro do Concello de Compostela as primeiras sete mil sinaturas recollidas, mas isto non significa que deamos por rematado este traballo, se non todo o contrario, seguiremos esta recollida mais ala do fin de ano até conseguir o noso obxectivo que non é outro que non peche a feira de gando.

Seguindo cos traballos de divulgación temos convocada unha Mesa Redonda a celebrar o próximo dia 26 de Decembro (Luns) a partir das 20:15 horas no Centro Social Caixanova da compostelá Praza de Cervantes. Están convidadas a participar a Cámara de Comercio, a Asociación de Hostalería, a empresa concesionaria das instalacións de Amio, así como o Señor Alcalde da cidade de Santiago de Compostela, ademais de representantes da propia Plataforma.

Neste traballo de interlocución cabe destacar que durante as pasadas semanas teñen-se celebrado reunións cos tres grupos parlamentares do Parlamento Galego (BNG, PSOE e PP). O motivo de tales reunións foi o de expor-lle a cada un dos grupos os argumentos que sostemos desde a Plataforma para que non se leve a cabo o cese da actividade da feira de gando. A receptividade estivo acorde coas distintas posturas que cada un dos grupos defende a respecto deste conflito, pola nosa parte temos de manifestar que consideramos-nos satisfeitos de todas e cada unha das reunións.

Por último a medio da presente nota temos de informar que no dia de hoxe se celebrou unha reunión entre o Señor Conde Roa, Alcalde desta cidade, e representantes das asociacións de usuarios das instalacións do recinto feiral de Amio, constatando-se en dita reunión un cambio de talante pola parte institucional, mais proclive ao dialogo co fin de explorar unha saída que poda chegar a satisfacer a nosa demanda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s