Concello gastará 16.000€ nunha festa “con uvas, orquestra e foguetes” na praza do Obradoiro

O Goberno municipal deu luz verde a un gasto de 16.000€ nunha festa de fin de ano que se celebrará este sábado no Obradoiro. A información facilitouna a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, que xa é un rosto habitual na representación pública do Concello. Uvas, foguetes e actuación dunha orquestra cuxo nome non trascendeu conforman o programa que detraerá 16.000€ do erario municipal.

Alén deste investimento, Prado comunicou o gasto de 55.000 euros na organización dunha Cabalgata de Reis. A edila manifestou a súa satisfacción porque nesta edición “gastaremos 7.600 euros menos que o ano anterior” en  contratar carrozas e trono real, unha carroza “de temática infantil”, outra que representa “a estrela de Belén” e un “decorado-trono” para recibir o Carteiro Real que se instalará no Pazo de Raxoi desde o 4 de xaneiro para atender as peticións dos nenos.

A farsa da “austeridade”

Recordamos agora que a Xunta de Goberno adxudicara a primeiros de mes 60.000€ para a iluminación comercial de 36 rúas e prazas neste nadal. Sumados os tres conceptos, e en ausencia doutros gastos feitos polo Concello nestas datas, encontrámonos con que Raxoi queimou 131.000€ do erario municipal en participar nunhas festas que xa non só son discutíbeis pola vulneración do  carácter aconfesional que debe ter a institución local, senón por algo tan simples como que o 23% dos compostelan@s viva na exclusión social, haxa 8600 desempregad@s oficiais e 200 veciñ@s durman a diario en caixeiros e portais.

Todo un exemplo prático do concepto de austeridade e das prioridades que manexa o actual goberno municipal e unha información a recordar cada vez que nos repitan o mantra de que “son tempos duros e hai que apertar o cinto”. Por certo: nengún dos grupos municipais con presenza en Raxoi alzou a voz publicamente frente a este desatino inaceptábel no gasto público.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s