Alcalde entoa o “¡Arre, borriquito!” no Obradoiro encanto inicia a política de recorte social

A situación socioeconómica da veciñanza non está para tirar foguetes, nen para escenificar  demasiados cachondeos por parte dos xestores municipais, aínda que, nun intento evidente de ocultar esta falta de pan que se agudiza co tempo, as autoridades locais optasen nestas datas por potenciar o circo máis do habitual. Conde Roa, que por condición de clase é un individuo ao que os efeitos das políticas neoliberais que él mesmo aplica lle caen lonxe, representaba esta mañá no Obradoiro un espectáculo extravagante para quen, supostamente, se encontra no seu cargo para “servir ao povo” e debe axir en sintonía coa situación deste.

Subido a unha tarima do programa de conciliación Nadalxogo instalada no Obradoiro, e nun evidente estado de distensión, o rexedor municipal, acompañado do concelleiro de Educación e Cultura Ángel Currás –aquel que asegurara o pasado 22 de novembro que “é unha temeridade meter nenos na Sala Yago”- entoaban felices o Arre, borriquito, vamos a Belén, que mañana es fiesta y al otro también, encanto bailaban con El burrito Pepe e dúas mozas traballadoras disfrazadas de Papa Noel. Moito circo o que montan as autoridades locais, sí, pero pouco pan.

A escena, se traemos en conta a realidade socioeconómica de Compostela e a dilapidación de diñeiro público que o Concello está a fazer no circo, é inaceptábel. Evidencia que este, á vez que contempla pasivamente a existencia de máis de 8000 desempregad@s e altísimos niveis de exclusión social, á vez que pretende fechar o mercado de gando máis importante da comarca, fai a política comercial do Carrefour, recorta os orzamentos municipais ou anuncia á esquerda local que sentirá nuestro aliento en la nuca, aínda se toma a liberdade de rirse da veciñanza. Así é como lemos a escena grotesca do Obradoiro: os responsábeis ríndose de quen sufren as consecuencias das súas políticas.

Vídeo retirado

Mostra de que o vídeo non era politicamente correcto é que, aínda que esta mañá se podía aceder a él a través das páxinas locais de La Voz de Galicia, algunha chamada máis prudente que as formas que perden ao rexedor local debeu recomendar ao diario coruñés a súa retirada. A desaparición non tardaba en chegar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s