Compostela gasta 8000 euros en renovar a imaxe do rei de España que preside o pleno municipal

Austeridade é a consigna hipócrita das autoridades locais. Contodo, seis meses de xestión dan exemplos abondo para concluirmos que trás esa palabra non existe nada real. Alén dos casos xa denunciados desde esta web, o rexedor local dábanos onte un exemplo modélico de fetichismo monárquico asociado a incapacidade para identificar as prioridades de gasto municipal. O alcalde anunciaba satisfeito a renovación da imaxe do rei do país veciño que preside o Pleno Municipal. A mudanza pasará unha factura de 8000 euros ás arcas públicas de Compostela.

Acompañado de Rafael Massiá, ao que, nunha comparecencia desenvolvida integramente en español, presentou como “meu bon amigo” e pintor dos novos cadros que presidirán o Pleno, Conde Roa recordou a obriga legal imposta aos concellos de teren a imaxe do rei de España no salón de plenos. Contodo, como se comproba na imaxe que ligamos a continuación, o de Compostela xa tiña retrato do monarca nomeado en 1969 por Francisco Franco como o seu sucesor na Chefatura do Estado. A renovación non se xustifica pois na necesidade de cumprir un discutíbel precepto legal, senón na vontade de facer máis notoria a presenza dos reis españóis no Pleno Municipal. Unha cuestión de tamaño que suporá a dilapidación de 8000 euros no máis característico estilo Conde Roa.

O rexedor louvou o “comportamento exemplar con esta cidade” dos monarcas estranxeiros que non sabemos en que se substancia e asegurou que, alén das legais, “sobran razóns” para a colocación das novas imaxes do Chefe de Estado e a súa señora. En plena crise social e tamén dunha monarquia española de oscuras orixes e afectada por casos de corrupción, Conde Roa desenvolve, custar o que custar, unha política de resignificación dos espazos públicos da cidade coa colocación de monumentos a líderes católicos, a dedicatoria de rúas a ex ministros do fascismo, a minorización do Galego na vida institucional, etc. O novo sheriff sabe que o seu tempo na alcaldía vai ser limitado e pretende deixar pegada imborrábel na cidade. É 100% responsabilidade do movemento popular impedir que ese obxectivo se materialice.

Foi suprimido parte do texto a día 2 de xaneiro por non se corresponder completamente as nosas informacións coa realidade. Solicitamos desculpas por este malentendido.


Advertisements

One thought on “Compostela gasta 8000 euros en renovar a imaxe do rei de España que preside o pleno municipal

  1. Pingback: Currás convértese en alcalde de Compostela advertindo que “mudou o capitán, pero non a nave” | candidaturadopovo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s