Apoiamos a concentración mensal a favor dos dereitos dos presos independentistas galegos

Eduardo e Santiago Vigo, Antom Santos, José Manuel Sanches e Maria Ossório son ou foron veciñ@s desta cidade que están en prisión sen xuízo e desterrad@s a centos de quilómetros dos seus domicilios habituais e contorna social grazas a unha decisión política que incumpre todas as normativas penitenciarias españolas e, incluso, distintos pactos e convencións internacionais sobre os dereitos humanos das persoas presas.

Cada último venres de mes fan un xexún en reivindicación do recoñecemento da súa condición de presos políticos, a repatriación e reagrupamento en territorio galego, o cesamento do rexime de reclusión en centros de menores e a mellora das condicións xerais de vida en prisión. Coincidindo co xexún, celébrase tamén cada mes na nosa cidade unha concentración convocada por Ceivar ás 20:00 h. na Praza de Galiza en demanda das mesmas reivindicacións.

Desde a Candidatura do Povo, que se solidariza coas persoas presas por motivos políticos e se compromete coa defensa dos dereitos humanos dentro e fora dos centros penitenciarios, animamos a veciñanza a participar nesta concentración e esixir o remate de todas as medidas punitivas de excepción aplicadas aos pres@s independentistas galeg@s.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s