Autoridades municipais postraranse un ano máis ante o poder da Igrexa Católica

Hoxe a media mañá celébrase na Catedral a Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo. A cerimonia, que ten carácter anual, lembra o mito cristiano segundo o cal os restos dun apóstolo hebreu chamado Jacob navegaron desde Xerusalén nunha barca de pedra sen leme que desafiou a lei da gravidade e as tempestades para alcanzar as costas de Galiza onde tomaron terra no porto de Íria Flávia. Nesta ofrenda anual ten lugar referencial o sogro do deportista Iñaki Urdangarin, que elixe o delegado rexio para a cerimonia e nesta ocasión depositou a responsabilidade no alcalde Gerardo Conde Roa.

A Ofrenda, da que achegamos significativas imaxes da edición 2008, que tomamos do arquivo do diario ultraconservador El Correo Gallego, consiste nun acto político-militar de perfil casposo que finalmente remata coas autoridades civis e militares rendendo homenaxe e recoñecemento ao santo que veu navegando na barca de pedra. Habitualmente, o delegado rexio, que nos últimos anos foi sempre unha autoridade civil, diríxese ao apóstolo para solicitar deste solucións ao desemprego, a emigración, a violencia de xénero ou calquera outra problemática social ou económica, como se a superación destas dependese do Alén.

Desde a Candidatura do Povo consideramos vergoñenta a postración das autoridades municipais ante o poder relixioso, así como unha burla á veciñanza que demanden de seres mitolóxicos solucións que só virán da implementación de medidas políticas e económicas que concellos como o de Compostela se negan a adoptar. Partindo do recoñecemento radical da liberdade de confesións relixiosas, entendemos que a institución municipal e @s que se autoidentifican como representantes do povo deben manter o carácter aconfesional do Concello e separar as súas crenzas particulares da política municipal.

Evanxelizar Compostela?

Sen embargo, nestes seis meses de goberno local do PP en Compostela os feitos do día a día indicaron que estamos ante unha Cruzada na que Conde Roa e os seus correlixionari@s, con apenas 20.787 sufraxios sobre un censo de 95.000 veciñ@s, acreditan ter carta branca para perpetuar, e incluso potenciar, a política de supeditación do Concello á Igrexa de Roma que xa praticaba o bipartito. Unha vez máis, esiximos ás autoridades locais respeito escrupuloso para a aconfesionalidade da institución municipal e que remate esta participación inadmisíbel do Concello en cerimonias relixiosas de calquer signo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s