Concello deixa esmorecer o Premio Xohana Torres de Ensaio sobre a problemática da muller galega

A pesar das súas limitacións, as institucións locais xogan, ou poden xogar, un papel de destaque na diaria construción nacional de Galiza. O Concello de Compostela, no entanto, como o da Coruña, é xa o exemplo antitético da vontade de fazer país desde o municipal. Seis meses de xestión son abondo para sabermos que os que hoxe gobernan Compostela utilizarán os resortes institucionais no seu poder para aplicar o ¡A por ellos!, folclorizar e minorizar a identidade deste povo e tratar de españolizar a capital de Galiza.

En tan pouco tempo os exemplos son diversos: compromiso con GB para rematar coa posición de preminencia legal que o galego tiña na administración local como corresponde á súa situación de minorización histórica, ameazas contra os centros sociais, promoción das seleccións deportivas españolas, boicot municipal aos actos do Dia da Patria, malgasto de diñeiro público na apoloxía da monarquía centralista, etc. Desde Raxoi, non temos a menor dúbida, Conde Roa quere aproveitar estes catro anos para afogar a identidade deste país na súa propia capital.

Pode dar por certo que será outro (pequeno) imperialista fracasado. Contodo, non queremos deixar de sinalar aqui cada unha das actuacións que se produzan neste sentido. A última é a case segura extinción, por vía dos feitos, do Premio Xohana Torres de Ensaio criado polo Concello en 1993 para impulsar as análises socioeconómicas sobre a muller galega e a nosa memoria colectiva. Alegan desde Raxoi en declaracións a La Voz de Galicia que a responsabilidade é do bipartito, que lo dejaron sin convocar. Contodo, non parece que haxa demasiada intención de suplir esa (suposta) carencia. Nós ficamos á espera de acontecementos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s