Consello de Ministros grava con 5.50 euros aos usuarios da AP-53 entre Compostela e Lalin

Viaxar en carro particular entre Compostela a Lalin pola AP-53 pasará a custar a partir do 1 de xaneiro 5.50€ despois da aplicación dunha suba do 3.7% e 20 céntimos na portaxe desta vía que depende do Ministerio de Fomento. A suba converte a AP-53, que usan cada día miles de traballador@s e autónom@s para vir a Compostela ou desprazarse ás vilas limítrofes, nunha das autoestradas máis caras do Estado español.

A suba das portaxes neste tramo da AP-53 que é competencia do Estado fai que desde o día 1 a viaxe entre Compostela e Lalim en carro particular por autoestrada sexa máis cara que o emprego do autocarro: 5.50€ no primeiro caso e 5.40€ no segundo. Á primeira cifra hai que sumar ademáis o custo do combustível e o eventual estacionamento en Compostela.

Negocio garantido 
ata 2074

A Xunta adxudicou a obra da AP-53 a unha agrupación de empresas en 1999. Coa adxudicación cedeuse á concesionaria Autopista Central Gallega, CESA o dereito para cobrar portaxe durante 75 anos, ata 2074. A obra da que se beneficia ACEGA foi financiada con 60 millóns a fondo perdido por parte da Xunta de Galiza. Alberto Núñez Feijoo prometera nas Autonómicas 2009 a rebaixa das portaxes na AP-53. Xa no poder, supeditou ese compromiso á transferencia da autoestrada á Xunta por parte de Fomento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s