Subirán a curto prazo a taxa da agua, o Imposto de Bens Inmóbeis e os taxis

2012 xa se estrea con subidas de impostos e taxas municipais en Compostela. A taxa de abastecemento e saneamento da agua, o cobro do Imposto de Bens Inmóbeis (IBI) para determinados inmóbeis e a baixada de bandeira dos taxis son os tres conceptos para os que xa se anunciaron subidas significativas que repercutirán en maior ou menor medida nos petos dos compostelanos e as compostelanas.

O incremento previsto para a taxa da agua fixarase entre un 4 e un 4.5%. A percentaxe final dependerá, segundo apuntaron distintos medios locais, dun “estudo económico” local aínda pendente e a aplicación da subida efectivarase co recibo bimensal que se cobra en marzo xunto coa taxa de recollida de refugallos. Fontes municipais aseguraron que o 3% da subida prevista para a agua depende da actualización de tarifas en relación ao IPC e o resto dos custos de mantenza da extensión da rede de saneamento nas parroquias de Arins, Lavacolha, Nemenzo e Enfesta. A perda interanual de poder adquisitivo dos salarios parece que non é un factor determinante nesta estimación.

Subida do IBI e
revisión de taxas en 2012

O IBI tamén experimentará unha subida percentual no noso concello despois da recente decisión do Consejo de Ministros de incrementar este imposto a determinados inmóbeis. Corresponderá, no entanto, ás autoridades locais decidir agora en que medida esa decisión repercutirá nos petos da veciñanza, co que en función dos incrementos finais establecidos teremos unha referencia nítida máis das políticas fiscais da nova equipa municipal.

Preocupante tamén parécenos, porque deixa aberta a porta a novos “axustes”, o proxecto municipal de revisión de taxas para “actualizar” a estrutura dalgunhas delas que o Concello considera “desfasadas”. Esta revisión podería implicar, probabelmente, algunha modificación normativa posterior.

Baixada de bandeira nos taxis
increméntase un 2.45%

A baixada de bandeira dos taxis locais tamén sube de 3.40 a 3.50 euros. Este custo é o prezo mínimo dunha viaxe de 1700 metros ou cinco minutos de duración se se produce en horario diurno e xornada laborábel. En nocturno e festivo o custo pasará dos 4 euros. O que sí se mantén é o prezo de 20 euros para a viaxe ao aeroporto da Lavacolla. A subida é desigual para as distintas prestacións do servizo (tres tarifas conxélanse), do que resulta un incremento ponderado do 2.45%.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s