Feijóo pede á patronal turística que sexa ela quen reordene o sistema aeroportuario galego

A necesidade de racionalizar o sistema aeroportuario nacional é unha polémica que ven de lonxe. Hoxe, co paradoxo dun país con tres aeródromos operativos nun treito de apenas 170 km., o debate, así como a execución desta reordenación, veñen marcados a lume por intereses de castas localistas. Núñez Feijóo veu botar aínda máis leña neste lume propondo á grande patronal turística española organizada en Exceltur  que sexa ela quen defina os tráficos aéreos e a oferta de cada aeródromo. O alto funcionario manifestou a incondicionalidade da Xunta de Galiza para defender calquera proposta empresarial.

O presidente autonómico facía esta oferta aos empresarios na presentación do Programa de Actuacións do Turismo de Galiza a cuarta-feira 28. O receptor da mesma, Exceltur, é un amplo conglomerado económico que agrupa 25 grandes grupos empresariais vinculados ao sector turístico, que van das axencias de viaxes ao transporte ferroviario, pasando polo aluguer de carros, aloxamentos, touroperadores, transporte por estrada, marítimo, etc.

Segundo Feijóo, a Xunta de Galiza “validará” e “defenderá” a proposta unificada de reordenación do sistema aeroportuario que presenten os empresarios. A renuncia do poder público a facer os seus deberes, cedendo a ordenación das comunicacións aéreas do país a intereses privados, foi explícita por parte do mandatario. Segundo Feijóo, “o sector debe falar, propor e ser valente para dicerlle aos gobernos autonómicos e locais o que acredita de verdade”.

Aposta en seguir acrecentando
peso do turismo no PIB nacional

A existencia de intereses económicos contrapostos dentro da patronal do turismo parece ser un dos entraves ao proxecto. O presidente da CAG riscou de “imprescindíbel” que o sector fixese “unha proposta única”, comprometéndose de maneira incondicional a que esta sería validada e defendida pola Xunta de Galiza aínda sen coñecimento previo.

O argumento estrela para esta expresión da supeditación da administración pública da CAG aos intereses privados é que “a nosa obriga é manter os 135.000 empregos que viven deste sector, que o turismo supere o 11% de peso no PIB, e mellorar a posición decorosa que Galiza ten dentro dunha das potencias turísticas mundiais que é España” (sic).

Posición da patronal

José Luis Loreda, vicepresidente executivo de Exceltur, falando en nome dos grandes grupos do sector, non tivo reparo en afirmar que o actual modelo aeroportuario galego “non é sustentábel desde o punto de vista privado”. Ademáis, denunciou a política de subsidios das administracións públicas ás compañías de baixo custo nun contexto de caida dos ingresos daquelas, xa que derivaría en “posicións de chantaxe no momento en que, ao desaparecer os subsídios, desaparecen os tráficos”.

Sexa como for, parécenos que o máis destacábel nesta cuestión, para alén da aposta coincidente de todas as administracións en potenciar a hipertrofia do sector turístico en Compostela e en Galiza, deixando á súa sorte a economía produtiva, é que a Xunta de Galiza, coa connivencia certa do Concello que preside Conde Roa, estexa a propor con toda claridade que sexa a patronal turística quen defina os tráficos aéreos e a oferta do aeroporto da Lavacolha, cando hai apenas meses se terminaba de construir con fondos públicos a nova terminal deste aeroporto. Tomando as palabras do sr. Loreda, tampouco así a cidade e o país están libres de “chantaxes”.

Teito histórico de viaxeiros
no aeroporto da Lavacolha

O aeródromo da Lavacolha alcanzou en 2011 un teito histórico de utilización coa pasaxe de 2.300.000 persoas e un incremento de 16% respecto de 2010, segundo apunta o informe anual de AENA. Visto con perspectiva nacional, o aumento reequilibra os descensos de viaxeir@s producidos en Alvedro e Peinador no mesmo período, que son, respectivamente, do 16% e o 21%. Todo un pastel público, por tanto, que os intereses privados estarán desexosos de probar e a evidencia de como o sector público se está a entregar a prezos de saldo ás distintas patronais para cadraren as súas contas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s