Candidatura do Povo convida a asociarse á Gentalha do Pichel ante as tentativas municipais de desestabilización do proxecto

A Gentalha do Pichel cumpre oito anos de traballo e compromiso coa lingua e a nación. Oito anos que demostraron o acerto e as potencialidades dun proxecto popular nacido en xaneiro de 2004 que xa gañou un lugar de honra no mapa das resistencias da cidade. Loxicamente, desde o Concello, lobos que andan con peles de ovella están á espreita para liquidar a experiencia colectiva. A solidariedade co centro social é neste momento compromiso inescusável para quen se situar en parámetros nacionalistas e de esquerdas, ou meramente democráticos.

O goberno municipal que tomou posesión o 1 de xullo pasará á historia local entre outras práticas infames por ser aquel que deu o salto desde a estratexia do afogamento xordo que praticara o bipartito para o tosco no nos va a temblar la mano a la hora de cerrarlos que Conde Roa anunciou o pasado 26 de Novembro. Foi o paso da subtileza socialdemócrata á brutalidade represiva característica de quen aínda non condenaron o xenocidio iniciado en Galiza en 1936. E xa acometeron a primeira tentativa. Aguárdanse novas e sistemáticas topeñadas e prepararse colectivamente para elas é esixencia ineludíbel para @s defensor@s da liberdade.

Compromiso real

A Gentalha do Pichel ven de facer un chamamento á veciñanza para asociarse ao centro social frente a quen pretenden “desestabilizar este difícil equilíbrio construído com tanto esforço por todas nós”. Desde o noso grupo municipal chamamos a responder positivamente á demanda, comprometéndonos con ela desde agora mesmo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s