[Humor] Parasicóloga anuncia en Correo TV a reaparición do Códice Calixtino en abril

Non é brincadeira. O programa de Correo TV desta segunda-feira botou man da parasicóloga Marián Góngora para facer proxeccións de futuro para 2012. A vidente anunciou crecemento económico a partir de xuño, mudanzas na monarquía do país veciño no verán, a reaparición do Códice Calixtino en abril, unha voda entre membros da corporación municipal e, para finais de ano, unha explosión solar que terá como consecuencia “o caos mundial”.

As predicións da señora Góngora encóntranse neste audiovisual do min. 1:46 ao 4:21. Correo TV anuncia que a maioría dos expertos económicos “poderían estar equivocados” respecto ás expectativas de recesión e remítese á parasicóloga para sustentar a súa tese. Segundo esta, “os planetas alíñanse de forma mui positiva para a economia española polo que vai haber un crecemento paulatino a partir do mes de xuño do 2012”. Anuncia a vidente que, consolidado o crecemento en outubro, “entón comezaremos xestar unha nova España” (sic).

Mudanzas monárquicas

A profecía tamén afecta á monarquía española. Segundo Góngora, o sogro do xogador de balonmán Iñaki Urdangarín comezará delegar a partir do verán no seu fillo o Príncipe Felipe. A parasicóloga asegura que “os astros din que a partir de xullo o rei vai delegar moitísimo” no seu sucesor na chefatura do Estado. Respecto da situación penal de Urdangarín no futuro, Góngora non achegou novos dados.

Reaparece o Códice
Calixtino en abril

A nível municipal, a vidente de Correo TV anuncia unha voda entre membros da corporación local e nada menos que a reaparición do Códice Calixtino en abril “porque os astros se confabulan para os obxectos perdidos, para as herdanzas a partir do mes de abril. Entran na caixa das herdanzas, de todo o que é antigo, do recuperábel”. Góngora é taxativa ao respecto e afirma que “para esa data reaparecerá”. Esperemos que daquela esa xoia do noso patrimonio nacional deixe de estar en maos que non souberon protexela e pase ao patrimonio público, pero deste extremo tampouco informou Góngora en Correo TV.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s