Orzamentos Municipais 2012 xéstanse unha vez máis de costas á participación da veciñanza

A veciñanza ou, máis ben, a parte da veciñanza que se preocupa con estas cuestións, estamos á espera de que a señora Cecilia Sierra, concelleira de Facenda, anuncie para finais de mes ou primeiros de febreiro os Orzamentos Municipais 2012. Como quen aguarda á maga para que tire o coello da cartola. A xestación das contas municipais é tradicionalmente oscurantista con independencia de que partido teña o bastón de mando municipal, de modo que, a pesar dos aborrecidos cánticos á participación cidadá, esta é inexistente en algo tan trascendental como determinar de onde se recada e en que que se gasta o diñeiro de todas e todos.

Denegar a participación popular, ou constranxela a espazos inofensivos, despois de que as grandes liñas do investimento xa se fixaran, é característica da democracia que padecemos nos concellos galegos, pero non é a única posibilidade como demostran outros casos na nosa contorna. Actuando dentro do marco non democrático que define a Ley de Bases de Régimen Local existen alternativas. Anexamos aquí o vídeo sobre participación cidadá nun concello de Euskal Herria. Trátase dunha vila de 11.000 persoas gobernada pola esquerda abertzale onde veciños e veciñas xa comezaron a decidir colectivamente como e de quen se recauda e como e en que se inviste.

Demograficamente, Oñati pouco ten a ver con Compostela, pero a viabilidade ou inviabilidade do modelo non depende do tamaño da povoación, senón da vontade política de abrir as portas á participación. Estamos aínda lonxe de poder executar un plantexamento similar, pero a existencia de outros modelos permítenos recoñecer que este que presenciamos como espectador@s –con recortes, dilapidación dos recursos, políticas antisociais, corrupción, etc.- é superábel construindo outra correlación de forzas distinta da actual. O vídeo está em euskara, con subtitulos en español, lingua de coñecemento legal obrigatorio para todas as compostelanas e compostelanos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s