Concello ameaza agora con instalar unha pista de patinaxe na praza do Obradoiro en 2012

Hoxe, o boletín oficioso do Concello, El Correo Gallego, obséquianos cunha peculiar valoración sobre a instalación por parte do concelleiro de Deportes dunha pista de xelo en plena praza da Quintá. A ocorrencia, que ben poderíamos clasificar dentro da categoría do pésimo gusto e o feismo comercial, é caracterizada polo xornal como “éxito rotundo”. Adrián Varela Sarandeses, titular do departamento municipal de Deportes, asegurou, como argumento maior, demostrando que o que importa en Raxoi é o número, que pola instalación “pasaron 15.000 persoas, entre patinadores e acompañantes”.

Anuncios dos supermercados Gadis (*) “lucindo” en pleno casco histórico, máxima contaminación acústica e lumínica, unha estrutura de toneladas de peso encima do enlousado, usurpación de espazo público por unha empresa privada amiga que non utiliza o galego, etc. parece que son aspectos irrelevantes para as autoridades municipais que valoran como máis significativo que “as colas para patinar polas tardes están sendo unha constante”, é dicer, o que importa é que veña a xente a comprar e haxa barullo.

O Obradoiro
no ponto de mira

Visto o “éxito rotundo”, o Concello baralla instalar a pista no Obradoiro para o próximo inverno. Intuimos a intelixencia de Varela Sarandeses detrás desta nova ocorrencia municipal, así como a necesidade de cuidar o nicho de voto que o PP ten en sectores do pequeno comercio local alleos aos seus propios intereses. Os feitos falan por si sós: calquera asociación local ten mil impedimentos para utilizar unha praza pública, debendo incluso depositar fianzas proibitivas de miles de euros. Encanto, o Concello organiza botellón no Obradoiro en fin de ano, entrega a ocupación da Quintá a unha empresa privada ou proxecta levar o circo diante mesmo da Catedral.

Absoluta falta de cariño polo noso patrimonio, do que só se acordan para perseguir a liberdade de expresión, mentalidade comercial cutre, negocio con empresas amigas, galego cero, hipocrisía e duplicidade de varas de medir no emprego dos espazos públicos, clientelismo, etc. Todas as características da dereita montaraz e analfabeta que hoxe fai e desfai desde o Concello. Que saiban, desde agora, que non vamos ficar de brazos cruzados ante a conversión do noso casco histórico e do noso patrimonio nacional no solar sobre o que levantar un novo centro comercial ou un novo Disney Park.

(*) Cadeia de hipermercados que, mentres desata unha persecución feroz contra o sindicalismo nacionalista, nos convida a través de TV a que Vivamos como galegos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s