Adeus, Isaac!

Onte aos 91 anos de vida deixounos Isaac Díaz Pardo. Construtor da nación, empresario, ceramista, “conservador libertario”, como él propio se definiu nalgunha ocasión. Presenza habitual en actos e iniciativas sociais e políticas aparente ou abertamente contraditorias entre sí, a desaparición de Díaz Pardo expresa o solpor dunha xeración de galegas  galegos que, nas circunstancias históricas que lle tocou viver, soñou e traballou por un futuro de liberdade e dignidade para o noso país polo que aínda é preciso loitar e pagou en moitos casos unha brutal portaxe por ese compromiso.

Nestes días, os sucesores ideolóxicos de quen impuxeron esa portaxe a toda unha nación, bombardearannos con homenaxes, haxiografías e lecturas da figura do galeguista falecido adecuadas á xustificación do presente que pilotan e á ocultación das súas auténticas intencións. Desde a Candidatura do Povo, queremos manifestar o noso recoñecemento á achega  desa xeración de galegos e galegas que esvaece co pasamento de homes como Díaz Pardo e a vontade de continuar a tarefa de construir e liberar Galiza.

Descansa en paz, Isaac!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s