Miguel Fernández, de Cáritas, declara que “Compostela ten moito emprego de temporada”

Encanto desde a corporación municipal hai quen pensa en pistas de xelo e concursos de beléns, ou simula a mellora dos servizos de atención administrativa ás persoas inmigradas na cidade porque duplica –de un para dous- o persoal dedicado a esa unidade, outros a pé de rúa enfrontan a crúa realidade da desemprego e a exclusión social que xa afectan a miles de casas en Compostela. É o caso de Miguel Fernández, portavoz da ONG Cáritas Diocesana  que nos últimos meses ven pondo negro sobre branco a miseria que crece na nosa cidade, e relativizan, cando non ocultan, as autoridades locais.

Segundo estatísticas da EPA, que reducen intereseiramente as cifras de desemprego utilizando criterios parciais de medición, 14.449 persoas procuran hoxe emprego na nosa comarca. Compostela lévase o gato á agua nesta cuestión con 8572 traballador@s desempregad@s. Respecto dos dados, Fernández apunta o que xa é vox populi “as perspectivas non son moi positivas”, á vez que denuncia que “o ámbito laboral de Santiago ten moito emprego de temporada, como, por exemplo, os dados de decembro que teñen moito a ver co comercio”.

En declaracións ao dixital Compostela en la Onda, o portavoz de Cáritas constata a insuficiencia das accións formativas da ONG en materia laboral. “Hai que ser realistas, porque non son traballadores de longa duración”, afirma Miguel Fernández en relación ás persoas que forma laboralmente a entidade ligada á Igrexa Católica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s