Compañías privadas que voan desde A Lavacolha reciben inxeccións millonarias de diñeiro público

O aeroporto da Lavacolha é presenza habitual nos medios de comunicación locais e nacionais pola súa significación comercial e económica e o papel estratéxico que xoga na potenciación do sector turístico. En 2011, o compostelano era o único aeródromo do país que aumentaba o número de pasaxeir@s (14%), encanto Peinador e Alvedro descendían un 8 e un 10%. A nova puxo unha vez máis enriba da mesa o perpetuo conflito que alentan intereses económicos e eleitorais localistas, o debate sobre a irracionalidade do sistema aeroportuario galego e a política de subsidios públicos millonarios a compañías privadas en tempo de recortes sociais.

Anexamos unha reportaxe emitida pola TV pública galega o pasado día 7 de xaneiro. O documentario sobre os aeroportos galegos desenvólvese do min. 2:15 ata o 17:03 min. e pon de relevo a existencia dunha pugna localista sen visión de país que as autoridades supramunicipais se negan a resolver, a capacidade de chantaxe das compañías privadas sobre viaxeir@s e institucións –nomeadamente, o caso da irlandesa Ryanair, que xa controla 45% das pasaxes da Lavacolha- e a entrega de fondos millonarios por parte dos poderes públicos a estas compañías.

Lóxica privada
ou lóxica social?

Galiza é o terceiro territorio do Estado que máis fondos públicos destina á captación de rotas aéreas. De 2007 a 2011, case 23 millóns de euros foron inxectados como subsidio ás compañías baixo o formato de “convenios de promoción” ou “publicidade”. Desa cantidade, case 7 millóns –cifra que aproximadamente representaría o 7% dos futuros orzamentos municipais- tiveron como destinatarias aeroliñas privadas que, como Ryanair, fan as viaxes desde A Lavacolha. Hoxe, a capacidade de chantaxe sobre o aeroporto desta compañía, que transporta case o 50% d@s 2.450.000 viaxeir@s que pasaron en 2011 pola Lavacolha, é absoluta como recoñece un dos entrevistados.

Ata que punto unha racionalización do sistema aeroportuario galego non evitaría que os subsidios ás aeroliñas se convertesen no burato negro que hoxe representan para o erario público? É socialmente rendíbel destinar fundos millonarios á captación de compañías aéreas privadas nun contexto de desemprego en alza -supera xa o cuarto de millón de persoas- e cando o incremento do turismo no PIB nacional se demonstrou incapaz de resolver os problemas estruturais de precariedade, empobrecemento e emigración que padece Compostela e, por extensión Galiza? A día de hoxe ninguén parece querer contestar estas perguntas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s