Policía municipal propón estender a ORA ás rúas Ferrol e Barcelona

Cando o Concello está a punto de entregar a concesión da xestión das zonas ORA e o guindastre á empresa madrileña Setex Aparki por outros cinco anos, aínda hai quen desexa que as 1596 prazas de estacionamento que xestiona esta compañía se amplien a outras zonas da cidade. É o caso do portavoz do Sindicato Profesional de Policías Municipales de España en Galiza, José Manuel Pombo Boquete, que entende que “non hai outro sistema” posíbel para a xestión do estacionamento.

En declaracións a Onda Cero, o portavoz do SPPME declarábase esta mañá favorábel a estender a zona ORA a rúas que define como “conflitivas” e aínda non están na rede de negocio de Setex. En concreto, o dirixente policial apunta ás avenidas de Barcelona e Ferrol, próximas ao Complexo Hospitalario Universitario de Compostela (CHUS). Láiase Pombo Boquete de que nelas “os carros estacionan a diario” e afirma que @s usuari@s teñen o extraño costume de “deixalos ali todo o día para ir traballar” (sic).

Así, ante o “abuso” que supón deixar o carro estacionado nun sitio concreto mentres se traballa, o portavoz do SPPME en Galiza propón que a mellor fórmula para a rotación dos carros particulares nos estacionamentos “é o sistema ORA”, é dicir, a privatización parcial da rúa, e asegura que “non hai outro” para asegurala. Realmente, con funcionarios como Pombo Boquete, Setex Aparki pode prescindir de representantes comerciais.

Unha sangría diaria
para os nosos petos

A privatización do espazo público coa escusa da rotación dos carros nas prazas de estacionamento é un dos negocios máis suculentos e seguros dos últimos anos. Así, á vez que se evita adoptar medidas estruturais sobre o colapso do tráfico local, tales como a construción de estacionamentos nas aforas conectados co centro por liñas regulares de autocarro, a potenciación do transporte público, etc., críase un lucrativo negocio de estacionamentos subterráneos e zonas ORA, cun cobro medio de 2-3€ diarios de parking, que sempre recairá nalgunha empresa amiga, aínda que, segundo advertiu onte o concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, asegurando algo sobre o que non deberían existir dúbidas, “foi un concurso limpo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s