Cidade da Cultura cumpre o primeiro aniversario “queimando” cada día dous millóns de pesetas para a súa mantenza ordinaria

Hoxe hai un ano, en presenza de Felipe de Borbón y Grecia, inaugurábanse dous dos catro edificios da Cidade da Cultura nos terrenos do Monte Gaiás que no seu día cedeu Caixa Galicia á Xunta de Galiza. A faraónica obra calificada como mausoleu de Fraga Iribarne supuxo o dispendio de 465 millóns no período 2002-2011, é dicir, máis de cinco veces os orzamentos municipais. Segundo dados do ex conselleiro de Cultura Roberto Varela, cada día esta instalación consume para a súa mantenza ordinaria dous millóns das antigas pesetas.

Con máis de 260.000 desempregad@s oficiais, taxas de empobrecimento en ascenso imparábel, precariedade laboral xeneralizada, implantación do minitraballo, extensión do consumo de psicofármacos como paliativo, etc., a administración autonómica, co beneplácito do Concello de Compostela e dos grupos políticos con presenza institucional, queima cada día dous millóns das antigas pesetas para pagar o funcionamento ordinario -luz, calefacción, agua, vixilancia, etc.- dunha instalación cuxa finalidade e utilidade aínda son un secreto.

O grupo municipal da Candidatura do Povo quere denunciar neste primeiro aniversario que o edificio construido no curuto do Gaiás é un inútil burato negro que parasita as arcas públicas, que carece de calquera utilidade e cuxa existencia é un auténtico escándalo social nos tempos en que andamos. Todo un exemplo do delirio dos responsábeis políticos que hai agora un ano anunciaban que semellante chiringuito “ía traer riqueza a Compostela e a Galiza” e nos homologaría por arte de maxia “co MOMA de Nova Iorque”.

One thought on “Cidade da Cultura cumpre o primeiro aniversario “queimando” cada día dous millóns de pesetas para a súa mantenza ordinaria

  1. Pingback: Cidade da Cultura cumpre o primeiro aniversario “queimando” cada día dous millóns de pesetas para a súa mantenza ordinar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s