Juan de la Fuente aproveita a decapitación da Virxe da Cerca para demonizar á mocidade

A figura da virxe da Cerca instalada na Compañía de María apareceu decapitada. A noticia fíxose pública hoxe, pero o El Correo Gallego asegura que a acción “foi na noite de Reis”. Non explica, contodo, nen o retraso de seis días en informar do atentado, nen como sabe cando se cometeu se non houbo detencións. Pola súa parte, a pesar de que tamén descoñece a autoría, Juan de la Fuente, edil de Vías e Obras, non dubidou en adxudicala afirmando que “relacionamos directamente a rotura da cabeza (…) co botellón”.

De La Fuente bota a voar a súa imaxinación e suxírenos unha explicación acorde cos designios do Concello para a mocidade local. Segundo o edil, a autoría correspondería a “unha ducia de rapaces que se subiron a un contentor” (sic) para alcanzar a estatuíña. A primeira vista, xa se olla que a explicación do concelleiro non é verídica: por falta de espazo, e porque non resistiría o peso moito tempo, é imposíbel colocar doce persoas sobre a tapa dun contentor, pero isto non arreda a De La Fuente de facer declaracións neste sentido.

Seguindo coa peculiar explicación, o edil argumenta que a rotura da imaxe se produciu cando esas doce persoas –rapaces, por suposto- “se penduraron da cabeza da figura ata rachala en tres anacos”. Outro imposíbel: dada a altura á que se encontra a figura e as súas dimensións físicas, é inviábel semellante exercício de contorsionismo en grupo. Por que se inventa o concelleiro explicacións imposíbeis? Como pode sinalar responsábeis cando non hai detencións nen xuízos? Estaba él de botellón esa noite e presenciou os feitos?

Consignas municipais

Postos a facer afirmacións pouco veraces, o titular de Obras anunciou que o Concello gasta cada ano 200.000 euros en “limpeza de pintadas”. A cifra merece tan pouco crédito como a imaxe de doce persoas penduradas da cabeza dunha virxe a máis de dous metros de altura. Se temos en conta que as pintadas se limpan cun baño de cal, e que ese traballo se encontra entre as obrigas d@s operari@s da brigada municipal da limpeza, é pouco verídico que, cada día, o Concello gaste 550€ en limpar pintadas.

Todo vale se do que se trata é de demonizar a mocidade para xustificar brutais políticas de represión económica ou perseguir o independentismo local. De feito, De la Fuente establece na súa cabeza unha extraña relación entre mocidade, atentados selvaxes contra o patrimonio, limpeza de pintadas e abertzalismo cando, repetindo a consigna do seu xefe de fileiras, afirma que “faremos todo o posíbel para que esta cidade non se convirta en San Sebastián”.

Se se refire a que Raxoi nunca aplicará as políticas de servizos sociais, emprego, igualdade, participación veciñal, dependencia, mocidade, etc. que aplica Bildu no concello basco, temos claro que, co PP, Compostela nunca se converterá “en San Sebastián”. Neste caso, por desgraza para @s compostelan@s.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s