Compostela pon bandeiras a media hasta pola morte dun ex ministro de Interior da ditadura

A poucas horas da morte de Fraga Iribarne, ex ministro de Interior da ditadura militar entre 1962 e 1969, Ministro e Interior en 1975-1976, fundador do Partido Popular e presidente da Xunta de Galiza en 1989-2005 asistimos a unha colosal operación de revisionismo histórico na que participa a prática totalidade de forzas do arco parlamentar e medios de comunicación. Trátase de apagar da memoria colectiva o perfil de Fraga Iribarne como responsábel político da represión no fascismo, elemento chave no período coñecido por moit@s como Transacción e activo deconstrutor da Galiza contemporánea desde a súa responsabilidade de presidente da administración autonómica.

O Concello de Compostela, que recentemente concedía o nome dunha rúa ao ex ministro fascista en medio dunha importante polémica veciñal, declarou tres días de loito e a colocación a media hasta das bandeiras que ondean na fachada do edificio municipal. Os correlixionarios locais de Fraga Iribarne, con Gerardo Conde Roa á cabeza, destacaron que o político nacido en Vilalva que nunca condenou a ditadura militar era “un compostelano máis” e aproveitaron a ocasión para “agradecer” a Fraga Iribarne a construción da Cidade da Cultura no curuto do monte Gaiás.

Contra a manipulación
da nosa historia

A Candidatura do Povo condena esta operación de marketing histórico que trata de lexitimar unha personaxe con graves responsabilidades nun rexime que supuxo morte, exilio, tortura, prisión e miseria para miles de galeg@s e unha Longa Noite de Pedra para a nación. Hoxe, encanto outros prefiriron falar de “figura controvertida”, entendemos que o rigor da análise histórica non pode estar suxeito a sentimentalismos. A morte física do individuo non apaga unha vida de servizo ao fascismo, os poderes económicos e financeiros e a deconstrución da Galiza a través dunha mestura perversa de españolismo real e galeguismo folclórico que, infelizmente, aínda parece confundir a tantos.

Hoxe, cando Fraga Iribarne desaparece das nosas vidas, recordaremos os miles de bisavós e bisavoas aínda sen nome nas cunetas e as foxas de toda Galiza, aos presos e presas, ás exiliadas e exiliados, aos fusilados, ao alcalde nacionalista de Compostela Ánxel Casal asasinado en Cacheiras, a Vítor Casas e a Alexandre Bóveda, aos e ás que combateron ao fascismo coas armas nos nosos montes. Nengunha manipulación histórica masiva conseguirá que o ex ministro de Franco alcance o nocello de dignidade e compromiso con este país que demostraron tod@s eles e elas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s