Resposta veciñal logra a parálise momentánea do desafiuzamento da veciña de Vite e a súa familia

Respondendo á convocatoria lanzada por Stop Deshaucios Santiago de Compostela, un grupo de 15 veciñas e veciños nos concentramos hoxe ás 9 da mañá ante a sucursal do Banco Santander na praza de Galiza para mostrar o noso rechazo á subhasta da vivenda de Susana, veciña do bairro de Vite que, xunto aos seus familiares, pode ser botada da súa casa por non poder facer frente ao pagamento da hipoteca. A resposta, que se completou coa asistencia de membros desta asociación ao xulgado das Fontinhas, posibilitou a suspensión momentánea da subhasta.

Fontes da asociación que impulsa a resposta social aos desafiuzamentos na nosa cidade informaron de que o proceso de subhasta estaba pragado de irregularidades legais das que se facía cúmplice o SCH. Así, por exemplo, a comunicación de que a veciña debía abandonar a súa casa facíaselle só tres días antes da subhasta, incumprindo os prazos legais e cunha nota que o xulgado botaba por debaixo da porta da veciña de Vite. O conflito encóntrase agora na renegociación da hipoteca com o SCH, pero, unha vez formalizados os trámites, o banco podería aplicar a expulsión.

Cada día os bancos botan
á rúa 5 a familias galegas

Esta vitoria momentánea non nos fai esquecer que, hoxe, en Compostela, grazas á política municipal e autonómica de vivenda, existen entre 6000 e 9000 vivendas vacías, encanto hai por volta de 200 persoas durmindo na rúa e miles de veciñ@s que non poden exercer o seu dereito a unha vivenda digna. Mentres, bancos como o SCH están a facer o seu agosto coa xeneralización do desemprego e a pobreza como antes o fixeron co bum da construción.

Situacións como a que hoxe enfrentou a veciña de Vite que xerou este movemento de solidariedade acontecen cada día neste país a cinco familias. Desde a Candidatura do Povo chamamos a participar activamente naquelas convocatorias que procuren paralisar os desafiuzamentos e pornos á frente das inmobiliarias, os bancos e a Xustiza. A solidariedade e a unión son as ferramentas contra os novos ladróns con garavata. Seguiremos informando.

One thought on “Resposta veciñal logra a parálise momentánea do desafiuzamento da veciña de Vite e a súa familia

  1. Pingback: Resposta veciñal logra a parálise momentánea do desafiuzamento da veciña de Vite e a súa familia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s