Saiamos de novo á rúa para defender o dereito á vivenda da veciña que o Banco Santander quere desaloxar de Vite

Informábamos onte de que se paralisaba, temporalmente, a expulsión do seu domicilio por parte do Banco de Santander dunha veciña que reside no bairro de Vite. Aínda que pola vía da presión e a mobilización se conseguía suspender un desaloxo pragado de ilegalidades, o proceso de subhasta da casa continúa. Stop Desahucios Compostela volve convocar á veciñanza unha vez máis a mobilizarse ante a sucursal do SCH da praza de Galiza para defender o dereito á vivenda frente á lei do beneficio privado.

A concentración que reunía onte 15 persoas ante a sucursal, alén de frear o desaloxo inmediato de Susana e os seus fillos, logrou unha importante repercusión nas seccións locais de vários periódicos (1) e afirmou un modelo de comportamento colectivo a reproducir e potenciar ante situacións similares que se están a producir en Compostela e no noso país, onde cada día son desaloxadas cinco familias. Agora, o SCH presenta unha “posición inflexíbel e non parece disposto a renunciar a subhastar”, segundo informa Stop Desahucios Compostela.

En declaracións a La Coz de Galicia, Susana apuntou que a parálise momentánea do desaloxo “non é a solución, porque agora o farán e supoño que ben”. A veciña de Vite informou tamén ao mesmo xornal que a súa situación laboral lle impede facer frente á cota mensal de 600 euros que debe abonar ao banco de Emilio Botín. “Antes de deixar de pagar intentei chegar a un acordo co banco para reducir cotas ou renegociar o prazo, pero non conseguín nada”, recordou Susana, porque segundo a dirección da sucursal compostelana do SCH, con 37 anos, é “maior”.

Negocio redondo

Respecto á dirección da sucursal, a veciña de Vite declarou que “se lava as mans” remitíndoa aos servizos xurídicos do banco. A situación agravouse porque a enfermidade que padece o seu ex compañeiro lle impede “facer as horas extras que facía antes”, cando pediron a hipoteca e podían “viver sen luxos”, e porque, ademáis, Susana sufriu un acidente laboral que, por “neglixencia médica”, lle provocou “unha grave distrofia”, a pesar de que segundo apunta Stop Desahucios Compostela “non conseguiu aínda que lle pagasen a pensión”.

De materializarse finalmente a subhasta, Banco Santander faríase coa vivenda por un 60% do valor taxado no seu día polo propio banco. Por contra, Susana estaría obrigada, por lei, a seguir pagando a diferenza, é dicir, uns 71.000 euros, se somamos á hipoteca os intereses e as custas do xuízo. Motivos todos máis que suficientes para que este venres, ás 12:00 horas do medio día, a veciñanza de Compostela nos concentremos como umha soa muller ou un só home diante da sucursal bancaria para facer valer a forza do Povo frente á forza do banco.

(1) Informacións aparecidas nos medios:
● Galicia Confidencial
● El Correo Gallego 
● La Voz de Galicia 
● El País 
● El Mundo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s