Bares e pubs da Zona Vella despedirán a Fraga Iribarne cun programa festivo e popular

Sábado promete ser unha xornada participativa e popular en Compostela. Por unha parte, o funeral dos poderes políticos e económicos para homenaxear ao seu incondicional servidor, Manuel Fraga Iribarne, pero tamén a manifestación nacional dos sectores antifascistas e soberanistas da sociedade galega que afirmarán verdades como puños en medio da intensa e unánime campaña de amnesia padecida nestes días e, como final, un interesante circuito de actuacións musicais de grupos galegos co que, desde os bares e pubs da Zona Vella, se pretende contribuir á definitiva despedida do ex ministro do ditador Francisco Franco e terminator de Galiza.

Locais hostaleiros da Zona Vella deseñaron para a ocasión un programa festivo que comezará ás 17:00 h. deste sábado prolongándose até a media noite con distintos estilos musicais. A programación que aparece na imaxe anexa implica sete establecementos e concitará a participación de centos de veciñas e veciños de Compostela, así como de galeg@s vind@s de todo o País para a mobilización da mañá. A Candidatura do Povo súmase a esta festa popular con todas e todos os que temos intacta a memoria histórica e rechazamos a amnesia colectiva á que nos queren submeter.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s