Crece a solidariedade coa veciña de Vite que o Banco Santander pretende expulsar da súa casa

Esta mañá uns cincuenta veciños e veciñas convocados por Stop Desafiuzamentos Compostela concentrámonos diante da sucursal do Banco Santander para expresar a nosa solidariede con Susana, veciña do bairro de Vite á que o banco que preside Emilio Botín pretende expulsar da súa casa xunto aos seus fillos por non poder facer frente ao pagamento da hipoteca. É a segunda ocasión nesta semana en que a mobilización e a solidariedade se chantan ante os que non teñen outra lei que a do seu propio beneficio económico.

A situación continúa basicamente na mesma despois da parálise dos trámites iniciais inzados de irregularidades. Contodo, a repercusión mediática alcanzada e o nivel de mobilización veciñal aumentaron significativamente. Hoxe, as persoas concentradas ante o SCH entraron no banco coreando consignas como Emilio Botín, ladrón de vivendas!, Aquí está a cova de Alí Babá! e Este banco engana, estafa e bota á xente da súa casa! Os responsábeis do negocio ameazaron con chamar á policía, pero, afinal, renunciaron a crispar aínda máis a difícil situación creada pola dirección da sucursal.

Próxima mobilización

Hoxe, cada día, cinco familias galegas son expulsadas á rúa por non poderen facer frente a hipotecas contraidas en momentos económicos de máis desafogo.  Encanto, os bancos están a facer o seu agosto grazas á aplicación do método das subhastas extraxudiciais. Este sistema previsto na maioría das escrituras apenas se utilizaba ata hoxe. Nel, non intervén o xuíz ou xuíza e se, despois de duas subhastas polo 100% e o 75% da débeda non hai postor, o banco pode facerse coa vivenda ao prezo de un euro (1€).

O emprego desta metodoloxía ainda non se xeneralizou, pero, por exemplo, en Cataluña, as vendas extraxudiciais quintuplicáronse desde 2009 pasando de 21 a 111 no que podería apuntar unha tendencia para o futuro. Á espera de como decorran os acontecementos, Stop Desafiuzamentos Compostela xa convocou unha nova concentración para a próxima terza-feira/martes para manter a presión sobre a sucursal e conseguir así unha solución digna para a veciña de Vite.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s