O xornalista Gustavo Luca de Tena lerá a comunicación final da manifestación de sábado

Todo está preparado para a manifestación nacional que se celebrará en Compostela este sábado baixo a lexenda Fraga Iribarne foi un fascista. A Transición foi unha fraude contra o Povo Galego. A mobilización popular contará coa presenza de advogados para garantir o respecto dos dereitos e liberdades d@s manifestantes e de observador@s de Esculca. A comunicación final correrá a cargo do xornalista Gustavo Luca de Tena, autor dunha das biografías políticas e persoais máis completas que existen na actualidade sobre Manuel Fraga Iribarne.

O xornalista foi promotor do primeiro diario A Nosa Terra e colabora actualmente con distintos medios galegos, coñecendo en propia carne a política de censura e represión aplicada polo extinto ministro de Francisco Franco. Autor de Fraga, retrato de un fascista, Gustavo Luca dirixirase na Porta do Caminho ás persoas que asistan á mobilización convocada para que se escoite o que o noso Povo e a nosa memoria teñen que dicir sobre a figura de Manuel Fraga Iribarne.

Garantir a seguranza
para os manifestantes

Dada a normalidade con que nos últimos anos se conculcan os dereitos de reunión e manifestación na capital do noso país, @s organizador@s da mobilización anunciaron que contarán no decurso do acto coa presenza do Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades Esculca, así como do organismo antirrepresivo Ceivar. Ambas entidades farán un seguimento contínuo de eventuais comportamentos policiais e ofrecerán aos e ás manifestantes a intervención de advogados en caso de necesidade.

A asistencia de entidades comprometidas coa defensa das liberdades civis de tod@s compleméntase coa comunicación da manifestación, en tempo e forma, á Delegación del Gobierno de España, de modo que non existan escusas nen coarctadas para proibicións, retencións, identificacións e outras expresións de vulneración de dereitos civis que impidan que, mañán, se escoite con voz alta e clara o que o noso Povo quere dicir sobre os últimos acontecementos.

2 thoughts on “O xornalista Gustavo Luca de Tena lerá a comunicación final da manifestación de sábado

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s