650 traballadores da madeireira FINSA irán ao desemprego durante cinco meses

A crise económica bate seguido sobre a clase traballadora en Compostela. Hoxe, distintos medios confirmaron que 650 operarios da factoría madeireira Finsa irán rotatoriamente ao desemprego durante os próximos 125 días despois de alcanzarse un pacto entre a patronal e as corporacións UGT, CCOO e USO. A dirección da transnacional galega argumenta un descenso das vendas do 47% en 2011, que adxudican á implosión do sector da construción, para proceder á redución de persoal.

Unha vez que a autoridade laboral autonómica admita o ERE, apenas 50 traballador@s continuarán na factoría para manter o aparato administrativo da empresa e o funcionamento primario das liñas de produción. Trátase da terceira ocasión desde 2009 en que a dirección da Finsa en Compostela recurre a este tipo de medida.

Outro exemplo
da política local

Por parte das autoridades municipais, tan prestas, por exemplo, para restituir a cabeza rota dunha imaxe relixiosa na rúa da Cerca, entregar a xestión do estacionamento a unha empresa privada ou investir miles de euros en traer a Compostela á selección española de fútbol feminino, non houbo un só xesto ou iniciativa de solidariedade cos traballador@s da Finsa. Segundo parece, as problemáticas que afectan ao mercado laboral en Compostela non son tema de interés para a equipa de goberno local.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s