Arcebispo de Compostela alíñase coas teses neocon sobre a “necesidade” de reducir o gasto público

A supeditación histórica da Igrexa Católica a poderes políticos, económicos e militares groseiramente terrenais ven de vello. Julián Barrio, arcebispo de Compostela, evidenciaba unha vez máis este venres esa subordinación miserábel que tan suculentos frutos económicos xera para a institución que preside. Presentado polo rexedor local, Conde Roa, o lider relixioso compareceu no foro neoliberal Fórum Europa Tribuna Galicia para defender as teses ultraconservadoras sobre a “necesidade” de reducir o gasto público.

Barrio asistiu ao foro patrocinado por Autopistas del Atlántico e Itínere Infraestructuras para dicir que “non é aceptábel” que as institucións públicas pratiquen unha “cultura do gasto e o endebedamento sen límite”. Que se saiba, sen embargo, nada dixo da extorsión social que supoñen os beneficios anuais xerados pola infraestrutura de transporte privatizada que xestionan ambas empresas. A preocupación do crego coincide punto por punto coa política do PP de redución do investimento público vía fixación do teito constitucional de déficit, ou promulgación da Ley de Transparencia, que atará en curto as comunidades autónomas ao dogma neoliberal.

Hipocrisía característica
dos imáns da Catedral

8600 veciñ@s sen traballo, 200 persoas durmindo en caixeiros, portais ou ruinas, un 22% do censo municipal na pobreza, miles de persoas sen casa encanto entre 6000 e 9000 vivendas permanecen vacías, etc. deberían ser dados suficientes para que o lider dunha institución que se di valedora dos pobres da Terra esixise investimento público para, cando menos, paliar as lacras sociais do libre mercado. Contodo, o arcebispo, que dirixe unha organización que recibe cada mes máis de 13 millóns de euros dos orzamentos estatais e está liberada do pagamento do Impuesto de Bienes Inmuebles, só pede contención de gasto para os demáis.

Barrio desatouse en declaracións metafísicas relacionando a crise económica e social coas “dores dun parto” (?) que “alumeará unha nova forma de convivencia”, á vez que chamou a “liberar a economía da gaiola da tecnocracia e do individualismo”. Ben sería que, en vez da metafísica, se preocupase con reivindicar impostos para as grandes fortunas, persecución dos paradisos fiscais, eliminación da fraude empresarial á Seguranza Social, etc., pero, claro, seguir recibindo de tod@s nós máis de 13 millóns de euros mensais esixe compromisos. O primeiro, como sempre, axeonllarse ante os mercaderes que xa abarrotan o templo e esixen fidelidade incondicional a cambio da cenoira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s