Nova concentración solidaria coa veciña de Vite que o SCH pretende botar da súa casa

A plataforma social Stop Desafiuzamentos Compostela celebra mañán martes/terza-feira 24 de xaneiro unha nova concentración veciñal diante da sede da sucursal do Banco Santander na praza de Galiza. A mobilización, que se produce por terceira vez consecutiva desde o día 17, encádrase na estratexia de presión rumada a presionar á sucursal bancaria para que renegocie o pagamento da hipoteca e garanta o dereito á vivenda da veciña de Vite e os seus dous fillos.

A convocatoria para a veciñanza de Compostela está posta para as 12:00 h. ante a sede do SCH. A partir das 20:30 h., a citada asociación celebrará unha asemblea veciñal na cafetaría Nariño da rúa dos Pelamios. Por parte do grupo municipal de base da Candidatura do Povo chamamos á veciñanza a participar en ambos actos e a afortalar a estratexia de presión social contra a política de desafiuzamentos que, cada día, pon na rúa a catro familias galegas. Máis información en novas anteriores neste portal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s