Conde Roa simula “compromiso co rural” arranxando o firme duns viais

Unha serie de obras menores en tres parroquias serviron esta semana para que o rexedor local, Conde Roa, se fixese a foto do compromiso co rural. O alcalde actual é un experto na simulación e o populismo máis primario e evidencia unha contradición constante entre aquelo que en moitas ocasións escenifica e as subxacentes intencións políticas da súa equipa de goberno. A política do concello respecto do rural compostelano, encarnada na tentativa de cerrar a feira de Ámio, é un exemplo paradigmático do que estamos a dicir.

Onte pola mañán, Conde Roa visitou as parroquias de Grixoa, Varciela e Marrozos acompañado por Luis Bello e María Castelao, edis, respectivamente, de Medio Rural e Infraestruturas, para tirar a foto das melloras nos viais das dúas primeiras e no centro sociocultural de Marrozos. O diario local El Correo Gallego, afecto ao goberno municipal, titulou que Las parroquias salen del olvido con obras de ‘puesta a punto’ e unha “inxección económica” de máis de 350.000 euros na mellora dos firmes.

Caciquismo
de vello cuño

É denunciábel esta maneira caciquil de vender como favores á veciñanza a obriga da corporación de adecentar e garantir a seguranza da rede local de comunicacións. Por outra parte, alén de fotos e simulacións de eficacia –como a recente reposición imediata da cabeza dunha imaxe relixiosa na rúa da Cerca- a realidade é que a corporación local xa non só vive de costas ao rural, senón que traballa obxectivamente para desmantelalo como se pode contemplar no desenvolvemento do conflito de Ámio. A ultradereita local, vilega e señorita, só contempla o rural como espazo para o troco entre votos e favores.

Neste marco, as visitas de Conde Roa ás parroquias para reivindicar a autoría de obras programadas antes de xullo, atar votos coa axuda dalgún medio local e discursear sobre “compromiso co rural” ten un aquel de insulto á intelixencia da veciñanza. Algo así como a sintomática participación no goberno local de veciños das parroquias nos cargos de menor responsabilidade política. Pero é que a tradición política e vital de Conde Roa & Company é esa: descoñecen algo tan elementar como que o rural precisa moito máis que puntos de luz, canalizacións en condicións e firmes que eviten acidentes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s