Gaña Fenosa e a Cidade da Cultura duplica o consumo anual de gas en calefacción: 228.000€

O dado tirámolo nesta ocasión do diario español El País que, hoxe, nas páxinas de información nacional, apunta a partir de informes da Xunta de Galiza que a Cidade da Cultura duplicará o consumo anual de gas para quentar as instalacións. Así, se en 2011 todos @s galeg@s pagamos 117.273,08 euros para abonar a calefacción do que xa se describe por muit@s como o Mausoleu de Fraga Iribarne, neste ano a factura ascenderá a 228.800 euros.

Duplícase, pois, o gasto, debido, segundo asegurou a administración autonómica, á apertura ao público de dous novos edificios –Museu e Servizos Centrais- que se suman aos dous abertos hai agora doce meses, o incremento do custo do prezo do petróleo e a queda do euro frente ao dólar. A Xunta remata de licitar a través da Fundación Cidade da Cultura o subministro de gas coa empresa Unión Fenosa, que xa se beneficiara en 2011 do contrato.

O subministro enerxético para os dous novos edificios supón, segundo a fonte citada, un incremento de apenas o 25%, pasando de 3.300.000 a 4.350.000 quilovatios hora de consumo anual. No entanto, o gasto final incrementarase nun 95% debido á vinculación que se fixa no contrato con Unión Fenosa co prezo do barril de Brent e o cambio euro-dólar, é dicir, o custo final de manter quentes estas instalacións de uso descoñecido depende de variábeis absolutamente fora do control institucional.

400.000 euros
de luz ao ano

A sangría que xa está a supor o simples existencia da Cidade da Cultura non remata aquí. Os informes autonómicos indican que en 2011 estas instalacións consumiron electricidade por valor de 400.000 euros. O contrato para o subministro, que suspeitamos reverte tamén na empresa historicamente amiga do PP que é Unión Fenosa, renovarase en breve, pero xa se “avisa” –sen dados- de que a apertura dos dous novos edificios do complexo implicará con certeza outra suba da factura eléctrica.

As cifras son abondo elocuentes. O complexo do Gaiás é hoxe un disparatado legado de Fraga Iribarne ao que ninguén, nen PP nen PSOE, por suposto, pero tampouco o BNG, quixeron facer frente a tempo. Agora, estas instalacións que, como mínimo, consumen cada día 2 millóns de pesetas para a súa mantenza, evidéncianse máis e máis como un burato negro de diñeiro público, suxeito a variábeis fora de control público e un auténtico escándalo social nun tempo en que crece sen límite o desemprego, a precariedade e a miseria.

Alguén debería estar sentado no banquiño por esta atrocidade que continúa desenvolvéndose ante a pasividade e a cumplicidade de quen teñen que dar marcha atrás ao complexo. Temos a certeza de que, incluso en termos numéricos, o retorno social de semellantes gastos non compensa en absoluto o consumo diario do monstruo que se levanta sobre o Gaiás.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s