Candidatura do Povo transmitirá en audio ou vídeo o decorrer dos plenos municipais desde febreiro

A democracia participativa a pesar de estar en boca de todo o mundo é a grande ausente da vida municipal. Plenos municipais convocados en horario laboral, gravísimas restricións legais para a participación veciñal, o corsé que supón a Ley de Bases de Régimen Local, a inexistencia de mecanismos reais para facilitar a influencia da veciñanza no proceso de toma de decisións, etc. configuran un sistema opaco para a maioría dos veciños e veciñas que nos converte en espectadores e posibilita todo tipo de enganos, corruptelas e ocultacións.

Estamos aínda lonxe de podermos alterar desde a raiz esta situación, pero sí podemos activar instrumentos que, cando menos, permitan certa fiscalización social da vida municipal. Botando man das tecnoloxías audivisuais, a Candidatura do Povo transmitirá nesta web a partir de febreiro en formato de audio e/ou video o decurso dos plenos municipais. O noso obxectivo é contribuir a transparentar esta parte da vida local, evidenciar os posicionamentos que defende cada quen nestes foros e posibilitar que todos e todas coñezamos o que acontece nos plenos á marxe das actas oficiais e a sempre parcial información comercial.

One thought on “Candidatura do Povo transmitirá en audio ou vídeo o decorrer dos plenos municipais desde febreiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s