Esculca denuncia “exceso no uso da forza” por parte da policía no despexo da Sala Yago

O Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades Esculca presentou a pasada segunda-feira en Compostela tres relatorios que recollen información sobre actuacións policiais en momentos de protesta social. As equipas de observación do organismo centraron un destes informes no despexo policial da Sala Yago o pasado 23 de Novembro. Esculca conclue a existencia de “irregularidades preocupantes no comportamento policial”, “exceso no uso da forza” contra xornalistas e manifestantes e “falta de respecto” para os cidadáns.

O relatório detalla as brutais actuacións cometidas pola policía na nosa cidade naquela data. Recordamos que, nesta altura, a máxima autoridade local, nun rauto de nerviosismo, ameazara a través dos meios de comunicación aos veciños e veciñas que participaban das mobilizacións a favor da propiedade social do inmóbel con que “sentirán o noso alento na caluga”. Hoxe, o citado inmóbel segue abandonado, tapiado e carente dun destino claro.

Reproducimos o detallado relatorio presentado por Esculca. Sirva para denunciar a atitude daqueles axentes que, neses días, cerraron fileiras coa versión policial e mediática dos feitos e criminalizaron en distintos graus  un dos sectores máis reivindicativos da veciñanza local. Anexámolo tamén como evidencia dun goberno local inzado de herdeiros da doutrina ¡La calle es mía! que só é capaz de abordar a conflitividade e a protesta social desde as sancións económicas, a criminalización e, cando o considera necesario, o insulto e a violencia.

Instrución 13/2007

Entre outros comportamentos e actuacións inaceptábeis acontecidos durante o despexo da Sala Yago, Esculca denuncia o xeneralizado incumprimento por parte das forzas policiais do deber de se identificar -instrución 13/2007- ante aquel@s veciñ@s que llo solicitaron formalmente. Destaca o Observatório tamén que, como é habitual, os servidores da orde se caracterizaron unha vez máis polo seu desprezo absoluto para a lingua galega e @s veciñ@s galego-falantes obxecto da actuación policial.

Aproveitamos desde aquí para parabenizar o bon traballo de Esculca e animar ao Observatório a seguir traballando nesta dirección.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s