Candidatura do Povo apoia á veciñanza do Irixo na loita contra a instalación da incineradora

A Candidatura do Povo quere expresar a súa solidariedade á veciñanza do Irixo na loita contra a instalación dunha incineradora de lixo no seu termo municipal. A imposición desta infraestrutura por parte do goberno municipal do Partido Popular que preside Manuel Penedo evidencia, unha vez máis, o talante totalitario e antipopular que caracteriza os alcaldes desta formación e a necesidade dunha resposta veciñal unitaria para enfrentar a política de imposición.

Hoxe asistiremos á mobilización convocada ás 12:00 h. na Praza Maior do Carballiño pola plataforma Incineradora no Irixo NON por entendermos que non se trata dun problema apenas local, senón dun modelo de xestión de resíduos negativo para o medio e as persoas que afecta a todos os concellos de Galiza. Dicir, como dado significativo, que o Plano de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza elaborado pola Xunta pretende queimar o 50% do lixo producido no país e duplicar a emisión de CO2 á atmósfera, supondo ademáis un gasto de máis de 500 millóns.

Política das tres R

A Candidatura do Povo xa defendeu no seu Programa Municipal 2011 que a incineración é unha alternativa antiecolóxica e antisocial, sendo urxente unha xestión do lixo fundamentada na política da 3R –redución, reciclaxe e reutilización- que racionalice o seu tratamento, garanta a saúde das persoas e xere emprego e benestar social en vez de beneficios económicos para determinadas empresas amigas do PP que se encontran detrás deste tipo de proxectos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s