Adrián Varela non descarta instalar unha pista de xelo no medio da praza do Obradoiro

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, que parece ser alérxico a utilizar o galego nas súas comparecencias públicas, personouse onte ante os medios para dar a coñecer o seu balanzo sobre a instalación por parte do goberno municipal dunha pista de xelo na Praza da Quintana. Varela limitouse na súa valoración a destacar que o da pista de xelo no casco histórico é unha “aposta miña” e facilitar as cifras de patinadores e visitantes.

A incógnita da comparecencia residía nos descoñecidos dados económicos da que calificou como actuación “notábel, rozando o sobresaínte” (sic), pero o titular de Deportes non facilitou un só dado neste sentido. Perguntas elementais como Quen financia?, Quen se beneficia?, Canto custa ao erario municipal?, etc. ficaron sen resposta para destacar que 41.000 visitantes e 15.000 patinador@s pasaron pola pista.

Praza do Obradoiro
segue no punto de mira

A outra incógnita era se o Concello se atrevería a instalar unha pista de xelo no centro da Praza do Obradoiro para o próximo nadal. Ao respecto, Varela, que pretende que en 2012 esta sexa máis grande que a da Quintana, destacou que, coas novas dimensións que pensan darlle á pista o ano que ven, “non podemos encaixala ali” e aludiu a problemas de circulación. A solución municipal será rotar a instalación entre o casco histórico e a zona nova, isto é, a praza do Obradoiro podería albergar durante semanas unha pista de patinaxe adornada con banderitas dos supermercados Gadis se a aposta de Varela segue en pé para o próximo nadal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s