Conde Roa contratará oito altos cargos que suporán á veciñanza o pagamento de 400.000€ anuais

O goberno municipal de Compostela destaca por predicar políticas que logo nunca aplica na prática. O mantra preferido de Conde Roa -a austeridade– é un caso paradigmático do que dicimos: teatralizado periodicamente con fotos e propostas indicativas da sobriedade do goberno local, desmóntase automaticamente cando pomos a nosa atención sobre as políticas reais e a letra pequena. A próxima contratación de oito altos cargos de confianza é un novo exemplo que confirma a nosa denuncia.

400.000 euros anuais é a cantidade que custará a Compostela as contratacións xa denunciadas por CIG e UGT. Podémonos facer unha idea da dimensión dos emolumentos d@s engrazad@s se pensamos que os orzamentos municipais 2012 rondarán a cifra de 90 millóns de euros, é dicir, oito persoas recibirán o 0.44% dos recursos municipais. Segundo denunciou o dixital Galicia Confidencial, as contratacións incumpren o Real Decreto Ley 20/2011 de 30 de decembro que no seu artigo 3 anuncia que “ao longo do exercicio 2012 non se procederá á contratación de novo persoal”.

Mostra de incapacidade?

Actualmente, segundo a citada fonte, tod@s @s concelleir@s da equipa de goberno local teñen dedicación exclusiva, isto é, o “servizo público” sería a súa única actividade laboral. Descoñecemos se este é o caso da redactora do Orzamento Municipal 2012, Cecilia Sierra, que segundo diversas fontes é, ademáis de concelleira de Facenda, a Relacións Públicas da empresa UROVESA, que é provedora oficial de carros para o Exército español.

Sexa como for, a pregunta-denuncia surxe espontaneamente: vivendo unha profunda crise social e económica, con apelos institucionais a que “todos debemos apertarnos o cinto” para “saír do túnel”, como é posíbel que o goberno municipal dunha cidade que camiña cara @s 10.000 desempregad@s e ten unha taxa de empobrecemento de máis do 22% gaste 400.000€ na contratación de oito persoas? Ou son incompetentes, a pesar da dedicación exclusiva da que desfrutan, ou a cantilena da austeridade é tan só un engano para privatizar e recurtar. Decantámonos porque as dúas respostas son certas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s