Gentalha do Pichel organiza roteiro popular para dar a coñecer a toponimia da zona vella

O centro social compostelano A Gentalha do Pichel convoca o próximo domingo un roteiro toponímico na zona vella para dar a coñecer a rica microtoponimia local. Segundo @s organizador@s, trátase dun “paseo polos nomes dos lugares da zona vella seguindo o trazado da antiga muralla”. O roteiro correrá a cargo do especialista en toponimia compostelana Xosé Ramón López Boullón e partirá às 16:30 h. do próximo domingo da Porta de Mazarelos.

Belvis, Castrón d’Ouro, Porta da Mámoa, Val de Deus, Atalaia, Entremuros, Pexigos, Trompas, Loureiros, etc. son algúns dos topónimos dos que López Boullón explicará significado e orixes. O roteiro compleméntase cunha visita á exposición Compostela Dicitur na Casa do Cabido que retrata como era a nosa cidade no século XIII. Desde a Candidatura do Povo animamos á veciñanza a participar nesta actividade de coñecemento e valoración da nosa historia e a nosa toponimia local.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s