Onda de frío polar evidencia que o Concello responsabiliza á Igrexa Católica da protección social da veciñanza

En repetidas ocasións denunciamos neste portal a existencia –segundo a institución eclesial Cáritas Diocesana– de arredor de 200 persoas que durmen na rúa, portais, ruínas e caixeiros de Compostela. Nestes días en que unha onda de frío siberiano varre o país, con decenas de mortos en distintos estados europeus, fica en evidencia como os ultraneoliberais que gobernan a nosa cidade non teñen alternativas contra a desprotección social e confían a loita contra a miseria económica ás posibilidades da Igrexa Católica.

Hoxe mesmo, tivemos un claro exemplo desta política que libera as institucións públicas da responsabilidade de combater os efeitos da crise. A concelleira Paula Prado, que é titular de Benestar Social, facía público o seguinte chamamento que reproducimos a continuación. Se non for pola gravidade da cuestión que trata, resultaría irrisorio que unha autoridade local cifrase as solucións a esta situación na disponibilidade da veciñanza e as posibilidades dunha institución relixiosa:

Queridos amigos/as de Compostela (sic): nos transmiten desde el Albergue de Xoan XXIII la necesidad de ropa de abrigo para hombres (polares, abrigos, cazadoras,guantes pero sobre todo ropa interior) ya que como consecuencia de la crisis y de las actuales condiciones climatológicas son muchas las personas que están acudiendo a esta institución. Confío en vuestra solidaridad.

La ropa podéis entregarla en las dependencias del Albergue que el Convento de San Francisco tiene en la Rúa Castiñeiros s/n.

Son tiempos muy difíciles para muchas personas, pongamos nuestro granito de arena, sobre todo en estos días tan fríos.

[En ambos casos, as negritas son nosas]

Camiño dos dez mil
veciños desempregados

O Concello, preocupado agora con organizar o Entroido, montar un parque gastronómico na Praza de Abastos, facer informes sobre os resultados das xornadas de festa estudantil ou pertrecharse con oito funcionarios de alto rango salarial e máxima confianza política, deposita na institución relixiosa e na libre disposición a protección social dos sectores máis golpeados pola crise. Seguramente, e pensamos que non é demagoxia, os 40.000 euros esbanxados para organizar o xogo España-Austria terían mellor destino se se empregasen para a protección pública e a procura de solucións  para a xente que aínda durme na rúa.

Esta concepción da acción municipal saldouse nesta semana cun novo aumento na cifra de desemprego de Compostela. Somos xa 9266 desempregad@s e o aumento é de 694 sobre a cifra do pasado mes de decembro. EREs en Castrosúa, na Finsa, na limpeza da USC, etc. Contodo, se visitamos a páxina web do Concello, dá a impresión de que vivemos en Disneylandia: concertos, xogos da selección española, exposicións fotográficas e teatro, sí, moito teatro…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s