Candidatura do Povo apoia a concentración contra a presenza de Idan Rachel na cidade

Este sábado visita Compostela o músico Idan Rachel para ofrecer un concerto no Auditorio de Galiza. Rachel, que se autodefine como “orgulloso embaixador de Israel”, é un destacado partidario da ocupación dos territorios palestinianos e acompañou coa súa música á Operación Chumbo Derretido, que en 2009 se saldou coa morte de 1300 palestinian@s polo exército de Israel tras 22 días de bombardeos da faixa de Gaza. Catrocentos eran nenos e nenas.

O curriculum de compromiso de Idan Rachel coa limpeza étnica, a ocupación e os asasinatos masivos de palestinian@s non remata aqui. Os seus concertos son promocionados significativamente polo Ministerio de Asuntos Estranxeiros de Israel dentro da campaña Brand Israel, que se pode traducir como marca a lume Israel, coa que o Estado sionista fai campaña internacional contra o povo palestiniano e para lexitimar a ocupación.

Rachel abranxe alén da condición de músico e axitador sionista, a de membro do Consello Consultivo do organismo de propaganda de Israel, defensor activo dos asentamentos de colonos en territorio palestiniano e crítico duro dos sectores do seu país que se negan a servir no exército que masacra aos palestinian@s. De feito, cualificou a estes sectores como “o máis baixo da sociedade israelita”.

Concellaría de Cultura
organiza este concerto 

A actuación de Rachel en Compostela prodúcese grazas ás xestións de Ángel Currás, titular da concellaria de Cultura, que dentro da programación Sons –antes, Sons da Diversidade– decidiu incluir ao propagandista de Israel. Como grupo municipal da Candidatura do Povo non temos a menor dúbida de que a contratación de Rachel obedece á asunción por parte da equipa de goberno local da estratexia sionista de propaganda que neste caso se financia con cargo ao erario municipal.

Por todos estes motivos, o próximo sábado 11 de febreiro a partir das 19:30 h. participaremos na concentración convocada por BDS-Galiza ante o Auditório de Galiza e convocaremos á veciñanza a través das redes sociais para demonstrar ás autoridades municipais que as veciñas e veciños de Compostela somos solidari@s coa causa palestiniana, denunciamos a política xenocida de Israel e esiximos que o goberno local non destine nen un euro de diñeiro público a xustificar ou arroupar o masacre diario contra o povo da Palestina.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s