Varela parabenízase de que Red Bull e El Corte Inglés promovan unha proba de BMX na zona vella

Adrián Varela ten a virtude de suscitarnos sempre o sorriso. O edil pepero presentaba hoxe a programación semestral de Mocidade. Cursos de primeiros auxilios, acampamentos, skate na Quintá e un descenso en BMX pola zona vella son os pratos fortes da oferta. Sobre esta última, Varela expresou a súa satisfacción porque Red Bull apoiase a iniciativa e porque “todos os Corte Inglés de toda España” (sic) vaian emitir imaxes desta.

As palabras do edil encóntranse aqui. Varela apuntou o interés da proba de BMX “polo impacto que vai ter isto: todos os Corte Inglés de toda España van emitir imaxes en directo da proba”. Alén disto, o artífice da idea de instalar pistas de patinaxe no Obradoiro e a Quintá, neste caso, con patrocinio de Gadis, admitiu que a empresa de bebida enerxizante Red Bull puxo como “condición” para promocionar a BMX que esta se celebrase no casco histórico. O Concello parece ter acedido ás demandas de tan importante compañía.

A política xuvenil
dos ultraneoliberais

Encanto o Concello só se acorda da mocidade para criminalizala e reducila a botellón máis vandalismo, á vez que impón sancións impagábeis a moz@s e familias e se despreocupa da problemática social e económica dos mozos e mozas de Compostela, o titular de Mocidade, que moitos xovens xa identifican como un pijo do PP, dedícase á pesca de patrocinios empresariais para as súas ocorrencias.

Temos case a certeza de que agora, igual que pasou coa pista de xelo de Gadis, tampouco saberemos nada sobre as contas empresariais e municipais destes proxectos.

Nen un caso, nen no outro, se fala de medidas contra o desemprego e a precariedade, aceso á vivenda, información sexo-afectiva ou infraestruturas para o asociacionismo xuvenil. Todo un exemplo de como concibe a extrema dereita local a situación e as necesidades da mocidade no noso concello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s