Vinte traballadores de Spanair no aeroporto da Lavacolha ficarán sen traballo a partir de marzo

O cerramento da compañía aérea española Spanair vai facer notar os seus efectos tamén no aeroporto da Lavacolha. Vinte traballadores da empresa Newco irán ao desemprego a partir do 8 de marzo en virtude do acordo alcanzado entre os sindicatos e a empresa que prestaba o servizo de facturación, carga e descarga, mantenza, etc. de Spanair a varias compañías no aeroporto.

César Baleiras, portavoz dos traballadores e traballadoras, denunciou esta situación como “inxusta” porque “hai suficiente carga de traballo como para manter o mesmo ou incrementar o número de traballadores”. No entanto, só 3 dos 23 membros do cadro de persoal de Newco manterán o seu posto de traballo. Reunidos co alcalde da cidade, este comprometeuse de palabra a “facer todo o que estaxa da miña man para minimizar o dano laboral”.

Cara os dez mil
desempregados

A nova do cerramento de Newco e a expulsión de 20 traballador@s máis ao desemprego ten leitura nunha dupla dirección: por unha parte, o erro de concepción que implica que o principal aeroporto do País teña os seus servizos máis primarios en mans de empresas privadas, de modo que a prestación destes encóntranse completamente fora do controlo público. Por outra, que a nosa cidade camiña aceleradamente para a cifra de 10.000 compostelan@s oficialmente sen traballo e alcanzou xa o 22% de veciñanza que vive na exclusión social ou próxima dela.

Por parte do actual goberno local, para além dos xogos de simulación a que nos ten acostumad@s Conde Roa, e a devoción manifesta que a portavoz da Xunta de Goberno, a aznarista Paula Prado, sinte polas políticas de caridade, non se contemplan medidas e estratexias reais e efectiva frente a esta situación. Ambos escúdanse nas limitadas competencias e os recortes orzamentares para abeirar compromisos concretos. Que o señor alcalde se tire a foto cos traballadores despedidos e anuncia que fará “o que estexa da miña man” é, hoxe, tanto como non dicir nada. Unha declaración á galería.

Folga Xeral Nacional:
a alternativa é a loita

A convocatoria por parte da CIG de Folga Xeral Nacional para finais de marzo, con posibilidades de que se extenda a outros territorios baixo xurisdición española, é na nosa opinión o camiño a seguir se pretendemos que a crise non a paguemos @s compostelan@s e @s galeg@s con cifras crecentes de pobreza, desemprego, emigración e precariedade. Seguir a aguardar polo que podan facer unhas autoridades municipais entregadas á lóxica dos mercados é un camiño que non vai a nengures. O grupo municipal da Candidatura do Povo comprométese desde xa para o éxito da nosa folga nacional.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s