Candidatura do Povo denunciará a dilapidación do diñeiro municipal na promoción do deporte espectáculo

A política deportiva municipal promociona espectáculos con forte pegada mediática en vez de potenciar o deporte local de base. A concellaría que dirixe Adrián Varela deu nestes meses varios exemplos deste tipo de actuación que contrasta co abandono e a falta de recursos económicos e infraestruturas adecuadas con que se encontra a prática do deporte de base na nosa cidade. A Candidatura do Povo denunciará nas ruas de Compostela xunto a Siareir@s Galeg@s esta política deportiva de postal.

Tras case oito meses, o novo goberno local demostrou ata a saciedade que se preocupa máis da imaxe e a aparencia que da resolución dos problemas reais da veciñanza. Esta máxima é aplicábel a todos os ámbitos de actuación. Así, por exemplo, canto ao deporte local, Raxoi recortou persoal á Fundación Compostela Deporte, que mantén un importante burato económico, á vez que se decantou por investir o diñeiro municipal no deporte espectáculo e detraer os limitados recursos existentes da potenciación do deporte municipal de base.

Abandono do deporte local

Os exemplos son varios: en xullo pasado, Raxoi intentaba que se celebrasen na cidade as semifinais da Copa Davis. O destino da proba sería a Cidade da Cultura, posibelmente para darlle algún uso ao mausoleu fraquiano cuxos construtores aínda descoñecen a funcionalidade final. Logo, o proxecto de traer a Vuelta Ciclista a España ou o xogo da selección española de fútbol feminino contra a austríaca e a advertencia de Varela de seguir traballando nesta dirección errónea, cando menos desde a óptica da potenciación do deporte municipal.

O criterio é sempre similar: promocionar a chegada de  visitantes e a proxección mediática de Compostela. Este criterio, que concibe o deporte como atractivo turístico, en vez de como actividade social para a que se deben destinar os recursos e infraestruturas necesarias, simultanéase cos graves problemas económicos e financeiros dos clubes deportivos locais, as insuficiencias en infraestruturas (competición, adestramento, etc.) e casos como o do campo de fútbol de Amio, onde nenos e xovens adestran baixo as liñas de media tensión de Unión Fenosa sen que o Concello adopte medidas tallantes ao respecto.

Campaña de denuncia

O 15 de febreiro esta política de postal, que tivo outro exemplo notorio na programación semestral de Mocidade recentemente anunciada, evidenciarase co xogo entre as seleccións española e austríaca de fútbol feminino. Comprendemos que Adrián Varela, como membro de Nuevas Generaciones que é e membro da canteira de Conde Roa, quera “facer patria” a través do fútbol, pero é inaceptábel desde unha óptica social que o Concello queime os recursos municipais en actividades que en absoluto benefician o noso deporte local.

A Candidatura do Povo e Siareir@s Galeg@s iniciamos a partir de xa unha campaña conxunta para denunciar esta política antipopular que se concretará en primeiro lugar na distribución masiva dunha folla de denuncia da política deportiva local. En sucesivas semanas iremos desgranando outras iniciativas neste sentido dentro dunha dinámica de esixencia para que Raxoi mude, entre outras, esta política deportiva feita de costas á veciñanza.

Folla de denuncia da política deportiva municipal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s