Candidatura do Povo chama a participar na Folga Xeral Nacional para finais de marzo

O grupo municipal da Candidatura do Povo suma o seu apoio á convocatoria de Folga Xeral Nacional contra a reforma do mercado laboral aprobada en Madrid. Esta nova volta de porca, que abarata despedimentos, flexibiliza as condicións laborais, dota de amplas marxes de manobra e explotación á patronal frente á clase traballadora, etc., é inaceptábel e contribuirá a que continúe medrando o desemprego, a precariedade e a emigración.

A veciñanza de Compostela, que xa se aproxima aos 10.000 homes e mulleres sen traballo, cun incremento intermensual sostido, e onde máis do 22% do censo municipal xa vive no límite da pobreza ou na pobreza severa, é novamente agredida, como a de outros concellos de Galiza, coa aprobación da nova reforma do mercado laboral. A grande patronal é a autora e beneficiaria exclusiva do pacote de medidas que continuarán acrecentando o desemprego como servizo ao FMI, o BCE e a Unión Europea.

O noso grupo municipal súmase aos axentes sindicais, sociais e políticos que estes días convocan á cidadania galega á mobilización e a loita para finais de marzo, promovendo o lanzamento desta Folga Xeral Nacional. Chamamos á veciñanza a participar activamente na organización da Folga Nacional. A loita colectiva é o único camiño para defendermos a nosa dignidade como persoas e como clase traballadora que conformamos a maioría das veciñas e veciños de Compostela.

ADIANTE A FOLGA XERAL NACIONAL!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s