Conde Roa proxecta levar a estación de autocarros a once quilómetros de Compostela

O alcalde de Compostela obsequiounos esta mañá cunha das súas preocupantes ocorrencias: proporá á Ministra de Fomento, Ana Pastor, que a futura estación intermodal cuxa construción se leva debatendo nos últimos meses se sitúe na Lavacolha. Nesta núcleo encontraríase por tanto o aeródromo, o AVE e o servizo de autocarros interurbanos. A actual estación de comboios limitaríase, segundo o rexedor, a “cercanías e un grande parque urbano”.

O deseño que Conde Roa anunciou esta mañá, coa concentración de tres medios de transporte a 11 quilómetros da cidade, probabelmente teña interés desde o punto de axilizar as comunicacións da clase turista, pero é totalmente lesivo para os usuarios e usuarias habituais: suporá maior gasto en tempo e diñeiro para as persoas que deban desprazarse a outras cidades e vilas do país porque necesitaría apañar transporte ata Lavacolha para facer calquer transbordo interurbano en autocarro.

Pensemos apenas na afluencia de estudantes, traballador@s e veciñ@s de concellos limítrofes que a diario chegan a Compostela en autocarro. De mudarse a localización actual da estación, segundo o proxecto do alcalde, precisaríase reforzar a liña regular de autocarro entre A Lavacolha e a cidade para dar servizo a miles de persoas cada día. Maior custo para os petos, máis tempo investido en desprazamentos, maior contribución local á emisión de CO2 á atmósfera, etc. Desde o punto de vista dos usuarios habituais do autocarro o deseño de Conde Roa non ten pés nen cabeza, pero moito nos tememos que o alcalde pense máis como turista que como veciño ou usuaria.

Apoio de Núñez Feijoo:
a chave da xogada

Conde Roa declarou que na Lavacolha debe haber “un grande núcleo de comunicacións non só de Santiago, senón de Galiza”. O alcalde popular tomou a palabra ao seu superior Núñez Feijoo, “que fala sempre de proxectos en termos de Galiza”, para que “se pronuncie sobre ese extremo”. Dado que o AVE galego non é prioritario para Madrid, como sabe o sr. Conde, o máis probábel é que certas elites non desfrutarán da intermodalidade a curto prazo. Contodo, a nosa preocupación non se encontra coas comodidades e a velocidade das viaxes da clase turista, senón coas necesidades diarias de transporte de miles de usuarios e usuarias.

Sacrificar estas últimas em aras daquelas sería máis propio de quen axise como delegado comercial de Iberia Express ou Carrefour que dun rexedor preocupado coa defensa dos intereses e as necesidades da veciñanza. Contodo, con Conde Roa, calquera escenario é posíbel. Estaremos atentos á evolución dos feitos.

2 thoughts on “Conde Roa proxecta levar a estación de autocarros a once quilómetros de Compostela

  1. Estas “batallas” só poden llibrarse informando á cidadanía encol da lesión aos seus intereses e convocádoa a se manifestar na rúa expresabndo a súa opinión; o bo seguro que, posto que este asunto afecta de xeito transversal a todo tipo de xente, a resposta popular acadaría presión abonda pra que esta clase política reconsiderara o seu posicionamento, ben que só fora en prol da popularidade da súa imaxe, dos seus intereses meramente electoralistas.

    Saúde!.

  2. Pingback: Proxecto de construir unha estación intermodal na Lavacolla concita rechazos crecentes en Compostela | candidaturadopovo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s